Espaguetes de cabaciña con crema de aguacate / Zoodles with avocado

Espaguetes de cabaciña con crema de aguacate

Adoitamos pensar que as receitas máis saudábeis sempre leva máis tempo facelas e, cando temos pouco tempo para cociñar, acabamos facendo un prato de pasta ou de arroz. Esta prato de espaguetes de cabaciña faise en moi pouco tempo, e se tedes algún aparello para cortar as cabaciñas en tiras aínda acabaredes máis axiña. Eu fun co coitelo e aínda así pouco tardei. A crema de aguacate fai que queden uns espaguetes moi cremosos e sabedeiros. Eu aproveitei os ingredientes que tiña de preparar mollo pesto, mais podedes botarlle coandro e non alfábega, ou non botarlle queixo parmesano, se non vos gusta. Iso xa é cuestión de experimentar. Imos aló! Continue reading “Espaguetes de cabaciña con crema de aguacate / Zoodles with avocado”

Espagueti con ameixas / Spaghetti with clams

Espagueti con ameixas

spaghetti clams

O certo é que, botando unha ollada polo blogue, poucas son as receitas que teño con marisco, creo que a empanada de millo de berberechos e pouco máis. Supoño que é porque o marisco é tan saboroso que poucas voltas hai que darlle para que estea de vicio! A min as ameixas e os berberechos gústanme de calquera maneira, ata sen conciñar! E así, con este prebe tan saboroso e acompañado dos sempre bos espaguetis, farán que este prato se converta nun dos vosos preferidos. Imos aló! Continue reading “Espagueti con ameixas / Spaghetti with clams”

Espagueti con tomatiños, mozzarella e lagostinos / Spaghetti with cherry tomatoes, mozzarella and shrimps

Espagueti con tomatiños, mozzarella e lagostinos

Spaghetti cherry

Unha receita de pasta moi rápida, sinxela e saudable. Con só 3 ingredientes básicos, teredes un prato de espagueti moi sabedeiro. Se vos gustou a receita de Espagueti á carbonara, apuntade esta porque tamén vos encantará! 🙂 Podedes cambiar os cherry por tomates grandes ou engadir alfábega fresca. Imos aló! Continue reading “Espagueti con tomatiños, mozzarella e lagostinos / Spaghetti with cherry tomatoes, mozzarella and shrimps”

Espagueti á carbonara: receita tradicional / Carbonara spaghetti: traditional recipe

Espagueti á carbonara: receita tradicional

Carbonara

Hoxe tráiovos unha receita especial, e digo especial porque seguro que algunha vez vos dixeron iso de: os espagueti á carbonara non leva nin tona nin leite. E vós, coma min, toda a vida pensando que si. E é polo que desta vez decidín facela de maneira tradicional, sen leite nin tona. E recoñezo que, a partires de agora, penso facela sempre así, porque está moi boa e é moito máis lixeira. Imos aló! Continue reading “Espagueti á carbonara: receita tradicional / Carbonara spaghetti: traditional recipe”

Espagueti con gambas ao curry / Curry shrimp spaghetti

Espagueti con gambas ao curry

image

Unha receitiña moi sinxela e rápida, como a min me gustan! Aproveitando que tiña curry pola casa, pensei en usalo para darlle un toque diferente a uns espaguetis con gambas. E que bo está! Continue reading “Espagueti con gambas ao curry / Curry shrimp spaghetti”