Primeiros pratos

roliños de tortilla

Roliños de tortilla

Non sei se a vós tamén vos pasa, mais ás veces custa bastante pensar que facer de xantar ou cear. E ter unha boa listaxe de receitas á man, que ademais, sexan rápidas e sinxelas, vén moi ben. Estes roliños de tortilla son unha moi boa opción para algo rápido. […]

Berenxena rebozada

Ás veces hai receitas moi sinxelas que son un gusto. Máis que nada porque pensar que facer de xantar ou de cear pode chegar a ser realmente complicado. Esta receita de berenxena rebozada non ten misterio ningún, mais dentro diso, está moi boa, é socorrida e faise rápido. A berenxena […]

risotto de cabaciña

Risotto de cabaciña coas súas flores

Non sei se vós estades a agardar polas receitas de cabaciña, mais eu en canto comezan a dar cabaciñas, xa comezo a discurrir. E xa sabedes que sinto devoción polas súas flores e xa temos unhas cantas receitas con elas, doces e salgadas. Na nosa casa hai moito seareiro do […]

pastéis de bacalhau

Pastéis de bacalhau

Seguimos con receitas portuguesas que elevan o sabor do bacallau a outro nivel. Despois de preparar o bacalhau à Brás e o bolo de arroz na travessa, voltamos cun petisco de bacallau difícil de esquecer. Probastes algunha vez os pastéis de bacalhau? É importante non confundilos coas pataniscas, que serían […]

quiche de estrugas

Quiche de estrugas

Con isto das estrugas hai moitos prexuízos. Evidentemente todos veñen porque se te achegas a elas, de seguro as recordas, e non por cousa boa. E é que raro é quen nunca se picou con elas indo polo campo. De feito, o seu nome vén precisamente diso, da urticaria que […]

Tempurá de flores / Tempura zucchini flowers

Tempurá de flores Si, xa o sei, outra receita de flores de cabaciña, pero é que claro, chego á horta e véxoas alí, case vos diría ollando para min, e non me podo resistir, para que vos vou enganar. E claro, xa sei tamén que podería facer a receita sen […]