Hai receitas nas que todo iso de sinxelo, rápido, con poucos ingredientes e sabedeiro é unha realidade. O trinxat é definitivamente unha delas. Teno todo para ser unha receita de éxito. Os ingredientes son sinxelos, de tempada, no seu mellor momento agora nestes días de inverno. Unha receita moi boa […]
Cociña tradicional
Focaccia
Xa confesei máis dunha vez que o de facer pan non é o meu. Mais que nada porque non me sae tan ben como me gustaría. Agora ben, o seu arrecendo pola casa e o sabor dun pan caseiro son algo polo que devezo. Por iso intento facer versións máis […]
Chocolate quente
Para acompañar uns churros caseiros, non hai nada mellor que un chocolate quente. E se ademais o día está frío, entra de marabilla para quentar o corpo. Facelo na casa é moi doado. E o único requisito vén sendo mercar un chocolate sabedeiro e de calidade. E se é especial […]
Torta de castañas e chocolate
Esta torta de castañas e chocolate ten unha textura tipo brownie. Moi húmida e chocolateira. Con todo o sabor do chocolate e das castañas. E o mellor de todo é que podémola facer, ou ben con castañas asadas ou ben con elas cocidas. Eu fíxena para aproveitar unhas castañas asadas […]
8 receitas de castañas
O outono dános tantos froitos que eu non paro de ter antollo de cociñar con todos eles. Ademais, son produtos tan sabedeiros e que se adaptan tan ben a calquera receita, tanto doce como salgada, que a verdade é que pasaría o día na cociña preparando pratos cos froitos do […]
Risotto de cogomelos e estrugas
O outono é a estación perfecta para cociñar. Unha chea de produtos de calidade, de proximidade e que se deixan querer en calquera receita. Tanto doces como salgadas. Neste blogue xa levamos unhas poucas. Este outono xa fixemos algunhas con cabaza, mazá e figos. Mais aínda queda moito por facer, […]