Sobre min / About me

Filóloga, profe de inglés e, por suposto, larpeira ata máis non poder! Despois de voltas e voltas, decidín, por fin, facer esta páxina de cociña para poñer as receitiñas que vou discurrindo! Gústanme as lambonadas, as receitas con produtos da horta e viaxar!

Non me gustan os chícharos e de pequena non comía nin lentellas, nin feixóns, nin garavanzos, mais si que papaba bocadillos de queixo ou chourizo con nocilla cando iamos á praia.

Escribo as receitas en galego. Antes adoitaba escribilas tamén en inglés por deformación profesional, mais agora non teño tempo de facelas nas dúas linguas e só as escribo en galego.

E en galego (citando a Celso Emilio Ferreiro) porque sí, porque me gosta,porque me peta e quero e dame a gaña. E por que Kukinhas? Pois pola pronuncia de cookies en inglés, e como as kukis son moi galegas, pois kukinhas! 🙂

  • O día 08/02/2016 falamos sobre as Follas de limoeiro e outras lambonadas de Entroido no programa Galicia por Diante! Podedes escoitalo a partires do minuto 31:50 nesta ligazón. Entrevista Galicia por Diante.
  • O día 02/06/2017 falamos sobre as CEREIXAS, o blogue e gastronomía en xeral no programa Galicia por Diante. Podedes escoitalo a partires do minuto 26:55 nesta ligazón. Entrevista Galicia por Diante 2.
  • Tódalas imaxes e o contido desta páxina son orixinais de kukinhas.
    • Cámara de fotos: Canon EOS 450D / Canon EOS 80D
    • Obxectivos: Canon Pancake EF 40 mm 1:2.8 STM / Canon EF 24-105mm f 4L IS II USM Lens Mark 2
    • Flash: Speedlite 430EX III-RT

Philologist, English teacher and, of course, absolutely greedy! After thinking A LOT about it, I decided, at last! to start this webpage to show you the recipes I prepare! I love eating, homegrown recipes and travelling! I post new entries on Tuesdays and Thursdays, both sweet and savory. I hope you like them!

And why kukinhas? Kukinhas comes from the English pronunciation of cookies and the very lovely Galician ending, and so from kuki, we get kukinhas! 🙂

  • All images and content belong to kukinhas:
    • Camera: Canon EOS 450D / Canon EOS 80D
    • Lenses: Canon Pancake EF 40 mm 1:2.8 STM / Canon EF 24-105mm f 4L IS II USM Lens Mark 2
    • Flash: Speedlite 430EX III-RT