Despois de tantas lambetadas de Antroido, unha xa actúa por antollos. E este ano tiña antollo de rosquillas. E xa tiña unha receita de rosquillas, as da miña avoa. Así que como xa sabedes que non me gusta repetir receita, tocou pedir receitas de novo. E así foi como dei […]
Entroido
Sapos da Limia
Lambetadas de Entroido hai moitísimas. Algunhas, por suposto, más coñecidas que outras. Eu teño que recoñecer que desta receita de Sapos da Limia non sabía case nada. O único do que tiña coñecemento era de que son como unhas chulas, e que a súa forma máis redondiña viña por un […]
Croquetas de cocido
Pensando en receitas do Entroido, deime conta de que sempre penso na parte máis larpeira destas festas, que non é pequena! Orellas, filloas, chaolas, periquitos, bicas, flores, follas de limoeiro… Certo é que eu non adoito facer cocido na casa. E quizais foi por iso que nunca pensei en facer […]
Raxo con patacas
Que bo está o raxo con patacas! Sobre todo cando está ben preparado. E quizais esta sexa a parte máis complicada deste prato: evitar que nos quede seco. Para iso, cómpre ter moito coidado á hora de fritir e seguir uns conselliños que vos deixo ao final da receita. Seguramente […]
Vincha ou bandullo de Entroido
A festa que máis me presta é o Entroido. Comezando polo cocido e as filloas e rematando con toda esa morea de lambetadas, que son tantas e tan variadas. E sen ningunha dúbida, tamén podo engadir que están todas boísimas. Aquí neste blogue xa levamos unhas poucas, filloas sen ovos […]
Chaolas de Cariño
Estou moi, moi contenta este ano porque estou a atopar receitas típicas do Antroido que non coñecía. E confeso que gosto moito de ter receitas tradicionais no blogue. Aínda que só haxa unha persoa en Galiza que coñeza unha receita tradicional grazas ao meu blogue, eu xa fico feliz e […]