Hai un tempo vira pola rede un vídeo onde lles preguntaban aos italianos e italianas pola rúa cal era o seu prato de pasta preferido. O que máis se repetía era a carbonara. Cousa que non me sorprendeu polo boísima que está. A auténtica, claro! E a segunda era a […]
Etiqueta: italia
Gnocchi alla sorrentina
Case que no título podería poñer Gnocchi alla sorrentina versión galega. E vós seguramente vos esteades a preguntar por que. Pois porque nesta receita, non empreguei os queixos típicos italianos que leva: mozzarella e parmesano, senón que lle botei queixo Arzúa-Ulloa e Galmesán. E quedaron boísimos. Tamén podedes empregar queixo […]
Scarpaccia de cabaciña
Esta é unha desas receitas que, como dirían as Tanxugueiras, veñen para quedar. Nós xa a fixemos máis dunha vez e, de feito, unha cea sempre a apañamos con esta scarpaccia de cabaciña. Esta receita de scarpaccia vina por primeira vez no Instagram de Dr. Vegan e foi amor a […]
Arancini
Estas pequenas bolas de arroz con queixo son típicas da cociña siciliana. Eu fixen a versión máis rápida, a que en Italia se coñece como arancini de risotto avanzato, que non quere dicir outra cousa que arancini feitos coas sobras do risotto. Raro é que sobre risotto, ou polo menos […]
Malfatti de ricotta e espinacas
Os malfatti (literalmente mal feitos) son un deses pratos que sabes que en canto o probes, non vas poder parar de facelo. E non me refiro a probalo, senón a cociñalo. De feito, no meu caso, así foi. Desde que descubrín estas pequenas bólas de ricotta e espinacas, xa as […]
Panettone
Panettone Non se pode negar que dun tempo a esta parte xa sabemos que queda pouco para o Nadal porque aparecen nas tendas os turróns e os Panettones. Chegado dende Italia, decontado pegou forte e se converteu nunha sobremesa recorrente polo Nadal nos nosos fogares. Había tempo que lle daba […]