Chega Samaín e toca facer lambetadas! Xa sei que non ten por que ser así, mais a min xa me vale. E a vós de seguro que tamén, sobre todo despois de ver o sinxelas que son estas bolachas de Jack Skellington. Porque se hai unha película mítica nestas datas, […]
Lambonadas
Petit ecolier
E xa que estamos de receitas con bolachas, non podían faltar as Petit Ecolier. Que teñen todo o que unha boa bolacha pode pedir. A parte crocante e manteigosa da bolacha, cun puntiño de sabor a sal. E a parte doce e moi suave do chocolate. Ademais, podemos escoller o […]
Clafoutis de framboesas
E seguimos coas framboesas! E como desta última vez collemos moitas, había que facer unha lambetada onde houbera sitio para todas! O clafoutis de framboesas é ideal porque a preparación é taaaaaan sinxela que estou segura de que calquera persoa a pode facer. Por moito que isto de enfornar non […]
Sobaos
Adoro os sobaos! E se hai algo que precisa un bo sobao é unha manteiga de calidade, que lle dea moito sabor. Se a podedes facer caseira, mellor. Aquí vos deixo a receita. Outra das cousas imprescindibles é sobar a masa. Si, kukis, sobar a masa. Por iso se chaman […]
Comtessa caseira
Con estes días de calor, e despois das bolachas de framboesas e chocolate branco, tocaba unha receita ben fresquiña. E quen non comeu nunca de sobremesa torta xeada? Aquí na Galiza é un must. E o meu tío di que se non a hai de sobremesa, o restaurante non vale […]
Bolachas de framboesas e chocolate branco
Este ano a framboeseira está tan fermosa que bota framboesas todos os días. E con este soliño maduran deseguida. Normalmente, xa van da framboeseira á boca. Mais despois de varios días de colleita, xa comezaba a apetecerme facer algunha lambetada con elas. E para que fose algo rapidiño, que digo […]