Croquetas de xamón / Ham croquettes

Croquetas de xamón

As croquetas son un prato que sempre triunfa e que a todos nos gusta!!! Tamén hai que recoñecer que non acaba de ser un dos pratos máis saudábeis, mais de cando en cando, pódese facer unha excepción 🙂 Como é un proceso que acostuma a levar algo de tempo, a mín gústame facer unhas cantas e despois conxelalas rebozadas, para telas sempre dispoñibles para un antolliño 😀 Despois só hai que fritilas e listo! E non, non perden nada de sabor! Desta vez, fixémolas de xamón cun rebozado máis especial, a que agardades para preparalas? Continue reading “Croquetas de xamón / Ham croquettes”

Croquetas de rixóns e queixo / Pressed cracklings and cheese croquettes

Croquetas de rixóns e queixo

Encántanme os rixóns!!! E a miña tía fainos taaan ben! Os rixóns son destas cousas que hai que facer con tempo e con cariño para que saian ben. E estes rixóns, de tempo, paciencia e agarimo é do que máis levan. Para min son os máis saborosos do mundo e o certo é que nunca probei outros que me souberan tan ben. A mín gústanme de moitas maneiras, na pizza, coas filloas, cun anaco de pan ou así, sen nada máis. Desta vez, quixen probar a facelos en croquetas cun anaco de queixo e a verdade é que o resultado é impresionante! Unhas croquetas cun sabor intenso, e cunha textura crocante por fóra e súper suave por dentro! Sen máis lío, imos aló! Continue reading “Croquetas de rixóns e queixo / Pressed cracklings and cheese croquettes”

Croquetas de polo asado / Roasted chicken croquettes

Croquetas de polo asado

croquetas de polo

As croquetas pasaron de ser un prato para aproveitar as sobras a un prato de seu. As croquetas de polo asado son moi de toda a vida, e é por iso que agora, cando preparo polo asado ao forno, sempre procuro que sobre algo para despois preparar unhas saborosísimas croquetas. Este polo asado levaba tamén cebola, pera e medio vasiño de brandi, e alá foi todo para darlle sabor a estas croquetas. O polo non acostumo a picalo, senón a esfiañalo, así a textura queda moito máis cremosa e as croquetas con moito máis sabor. En canto ao rebozado, dicirvos que leva un ingrediente segredo que as fai súper crocantes, xa o veredes! Imos aló! Continue reading “Croquetas de polo asado / Roasted chicken croquettes”

Croquetas de leituga de mar / Sea lettuce croquettes

Croquetas de leituga de mar

croquetas de algas

Hai uns días merquei unhas pouquiñas algas por varias razón, a primeira é porque xa había tempo que tiña gana de probalas, e cando digo probalas, non é cociñalas, senón literalmente, probalas. Si, semella estrano, mais nunca me vin na oportunidade de probar este manxar tan noso. De xogar con elas na praia acórdome ben, gustábame moito dar masaxes con elas aos demáis (cousas de pícaros, xa sabedes), mais nunca lles puiden meter o dente. A segunda, porque mo pidiran no blogue e, sempre que podo, gústame satisfacer as vosas peticións. E terceira, porque xa que o blogue é galego, que menos que adicarlle un recuncho a un ingrediente tan noso como as algas. A primeira receita tíñaa clara, unhas saborosísimas croquetas. Imos aló! Continue reading “Croquetas de leituga de mar / Sea lettuce croquettes”

Croquetas de cogomelos / Mushrooms croquettes

Croquetas de cogomelos

croquetas

Encántanme as croquetas!!! Ben, xa dixen tantos pratos que me gustan, que case remataba antes dicindo o que non me gusta 😉 O caso é que unha das miñas favoritas son as de cogomelos, o seu sabor é moi intenso e a súa cor inconfundible. Ademais, podedes empregar os vosos cogomelos preferidos. Imos aló! Continue reading “Croquetas de cogomelos / Mushrooms croquettes”

Croquetas de luras / Squid croquettes

Croquetas de luras na súa tinta

luras

Xa hai tempo que probei estas croquetas nun restaurante e tiña gana de probar a facelas na casa. Non me quedaron tan escuras porque só empreguei a tinta das luras, se queredes que queden máis negras, só tedes que mercar algunha bolsa de tinta extra. O sabor é incrible, a tinta dálles un toque a mar saborosísimo 😀 Imos aló! Continue reading “Croquetas de luras / Squid croquettes”