Croquetas de rixóns e queixo
Encántanme os rixóns!!! E a miña tía fainos taaan ben! Os rixóns son destas cousas que hai que facer con tempo e con cariño para que saian ben. E estes rixóns, de tempo, paciencia e agarimo é do que máis levan. Para min son os máis saborosos do mundo e o certo é que nunca probei outros que me souberan tan ben. A mín gústanme de moitas maneiras, na pizza, coas filloas, cun anaco de pan ou así, sen nada máis. Desta vez, quixen probar a facelos en croquetas cun anaco de queixo e a verdade é que o resultado é impresionante! Unhas croquetas cun sabor intenso, e cunha textura crocante por fóra e súper suave por dentro! Sen máis lío, imos aló!
Ingredientes para unhas 40 croquetas (a tope!!!):
– 200 gramos de rixóns
– 1/2 cebola
– 100 gramos de queixo
– fariña, leite para o bechamel
– sal
– fariña, ovos e pan relado (con sementes de sésamo) para rebozar
Preparación paso a paso:
1. Comezamos torrando os rixóns para que queden ben torradiños e crocantes. E fritimos tamén a cebola cortada en anacos pequenos en 3 culleradas de aceite de oliva.
2. Despois botaremos unhas 2 ou 3 culleradas de fariña e seguiremos fritindo para que despois as croquetas non saiban a fariña. Iso si, non podemos parar de remexer para que non se queime a fariña.
3. Iremos botando o leite para facer o bechamel e tamén o queixo para que se desfaga e quede ben cremoseiro.
4. En canto a masa se despegue con facilidade da tixola, xa poderemos poñela nun molde a arrefriar. Non esquezas tapar a masa cun film transparente para que non faga unha capa seca por riba.
5. Cortamos a masa en cadradiños para que despois nos queden tódalas boliñas iguais e imos formando as croquetas. A mín gústame darlle forma de boliña, mais iso xa a gustos. De feito, en cadrados tamén quedan estupendas e dan menos choio.
6. Pasamos as croquetas por fariña, ovo e pan relado. Desta vez, mesturamos o pan relado cunhas sementes de sésamo e queda moi saboroso e fai que as croquetas queden súper bonitiñas, non si?
7. Fritimos en abundante aceite quente ata que fiquen douradiñas e listo!
Mirade por dentro que pinta!!!
Tedes que probar o rebozado de pan relado e sésamo!!! Fai que as croquetas teñan unha pinta estupenda e dálle un toque moi orixinal e saboroso! Os rixóns danlle ás croquetas un sabor intenso e como sempre soltan algo de graxa de porco quedan moi suaves e cremosas. O queixo sempre casa de marabilla cos rixóns e fai que o bechamel quede máis ligado. Con esta masa saen unhas 40 croquetas redondas non moi grandes. O bo que teñen é que se poden conxelar antes de fritir e podedes ter croquetas sempre dispoñibles para cando teñades algún antolliño.
____________________________________________________________
Pressed cracklings and cheese croquettes
I love pressed cracklings!!! And my aunt’s are so delicious!!! This is something you have to do with patient, time and love. And even though my aunt is the expert, I witness all the process and I can tell you that these pressed cracklings are made with huge love during lots of hours until they are at their best point! And that’s something you taste in every bite. I love them in many (and all) different ways, in pizza, with filloas or with just a slice of bread. This time I wanted to try them in a new different version, in croquettes an with some cheese, which is always good on croquettes. And the result is amazing!!! An intense flavour with a crunchy and smooth texture at a time! No more talking and let’s go to the point!
Ingredients for around 40 croquettes (oh yeah!):
– 200 gr pressed cracklings
– 1/2 onion
– 100 gr cheese
– flour and milk for the white sauce
– salt
– flour, eggs and breadcrumbs (with sesame seeds) to bread
Step by step preparation:
1. Start by frying cracklings until they’re crunchy and toasted. Fry finely chopped onion as well in more or less 3 tbsp olive oil.
2. Then, add 2 / 3 tbsp flour and cook for a while so the croquettes won’t taste flour-y. Be careful not to burn it.
3. Add milk bit by bit to prepare the white sauce together with cheese so it melts and it’s all smooth and yummy.
4. As soon as the croquettes dough does not stick to the pan, take it out and pour it over a mould and allow to cool. Remember to cover it with some plastic wrap so it won’t get fry on top.
5. Cut dough into small squares so the croquettes will all have more or less the same size and form croquettes or little balls. You can as well do them square and spend less time.
6. Bread croquettes in flour, egg and breadcrumbs. I mixed breadcrumbs and sesame seeds and I loved the combination! They are delicious and they look super cute!
7. Fry in plenty of hot olive oil until they are golden and that’s it!
You gotta try the breadcrumbs and sesame seeds combination! It’s so original, different, cute and delicious that as soon as you try it you’ll be using it with anything you bread. The flavour of these croquettes is pretty intense, and cheese is perfect to keep the balance of intense and smooth. The texture will be crunchy on the outside and super soft on the inside! With these quantities, you’ll get around 40 croquettes, which is a pretty good amount, so if you don’t want to cook so many at one time, you can just bread them and then freeze them. You’ll have them ready in a bit and you won’t even need to wait for them to unfreeze. Easy peasy!