A festa que máis me presta é o Entroido. Comezando polo cocido e as filloas e rematando con toda esa morea de lambetadas, que son tantas e tan variadas. E sen ningunha dúbida, tamén podo engadir que están todas boísimas. Aquí neste blogue xa levamos unhas poucas, filloas sen ovos […]
Etiqueta: entroido
Chaolas de Cariño
Estou moi, moi contenta este ano porque estou a atopar receitas típicas do Antroido que non coñecía. E confeso que gosto moito de ter receitas tradicionais no blogue. Aínda que só haxa unha persoa en Galiza que coñeza unha receita tradicional grazas ao meu blogue, eu xa fico feliz e […]
Periquitos de Ordes de Mª Carmen
É incríbel a cantidade de lambetadas típicas de Entroido que temos na Galiza. E as que nos quedan por aprender! Porque eu cada ano vou aprendendo algunha nova. E sempre penso, por que non sabería eu esta receita antes? E pénsoo porque non me gustaría que se perdera ningunha delas. […]
Filloas de castañas
Hoxe vai de confesións. Gústame moito cociñar con fariña de castañas. Coido que é un produto que debemos coidar e darlle moito uso, pois o certo é que neste país temos moi boa materia prima de castañas. Despois de probar a facer a bica con esta fariña, e estando xa […]
Bica de castañas / Chestnuts Bica
Se vos digo a verdade, levo coa fariña de castañas mercada na casa desde o verán. E si, merqueina xa para facer esta receita de bica de castañas, mais tiña que agardar a que fora época de entroido para poñerme en situación e poder ensinarvos a receita.
Bica de Entroido / Carnival bica
Bica de Entroido E aquí estamos de novo cunha receita desas que arrecende a Entroido! Despois das dúas versións anteriores, a bica branca de Laza e a bica de Trives, estaba máis que claro que a seguinte tiña que ser esta outra versión de bica, que ten algo das dúas […]