Ñoques de berenxena / Aubergine gnocchi

Ñoques de berenxena

image11

Rondaba pola miña cabeza dende hai uns días a idea de facer ñoques caseiros. Da primeira vez, fíxenos recheos de queixo azul e nesta ocasión a idea era facer uns ñoques de pataca sen maior complicación. Mais o caso foi que cando me puxen coas mans na masa e abrín a neveira, vin que tiña unhas cantas berenxenas da horta, así que pensei: por que non de berenxena? E así xurdiu esta tola idea cun resultado verdadeiramente brutal e para relamber o prato!

Ingredientes para 4 persoas:

– 3 berenxenas xeitosas
– sal
– 1 allo
– uns 300 gramos de fariña
parmesano vegano
– prebe de tomate, viño branco, 1 cebola e alfábega
– brotes de lombarda

Preparación paso a paso:

1. Lavamos as berenxenas, secámolas, cortámolas ó medio e enfornamos durante uns 40 minutos a 200 graos.

aubergine gnocchi

2. Sacámoslle a polpa e reservamos.

aubergine gnocchi

3. Nunha tixola con dúas culleradas de aceite, torramos un allo para que o aceite colla saboriño, sacámolo e fritimos a polpa da berexena a lume medio-forte durante uns minutiños. Así, faremos que perda auga e non teremos que engadir tanta fariña.

aubergine gnocchi

4. Deixamos que arrefría un pouco e imos engadindo fariña ata que non se pegue a masa nas mans. Puxen 300 gramos, mais son aproximados, pois depende do tamaño das berenxenas.

aubergine gnocchi

5. Con anacos de masa, facemos tiriñas, cortámolas en anacos e formamos boliñas. Se vedes que se pega, botade máis fariña 😉

aubergine gnocchi

6. Cocemos os ñoques en abundante auga ata que suban para a superficie.

aubergine gnocchi

7. Preparamos un prebe con tomate, cebola, alfábega e viño branco. Poñemos os ñoques enriba, esparexemos o parmesano e engadimos uns brotes de lombarda. Regamos con aceite de oliva e listo!

aubergine gnocchi

Con esta receita saen uns 500 gramos de ñoques, por iso a receita é para 4, como nós eramos só dous, conxelei a metade. Só hai que poñelos nun pratiño ben separados e tapados con film transparente. Unha vez que estean conxelados, xa podemos poñelos nunha bolsiña de conxelar, que ocuparán menos sitio 🙂 Despois só hai que cocelos e xa están listos. O acompañamento pode ser o que queirades, eu déixovos esta suxestión de preparación e presentación, mais xa sabedes, imaxinación ao poder!!!

__________________________________________

Aubergine gnocchi

aubergine gnocchi

For more than 2 or 3 weeks, the idea of preparing homemade gnocchi has been all around my head. I was totally decided to make the original potato version. I had already done gnocchi stuffed with blue cheese, but I wanted to prepare the classic and simple ones. However, my mind made up when I opened the fridge and I saw like… 6 or 7 aubergines staring at me waiting to be cooked. OK, I thought, why don’t I try an aubergine gnocchi version? And here it is! And the truth is that I cannot be happier about the result. Let’s go dears!

Ingredients for 4 gnocchi-eaters:

– 3 beautiful aubergines (mine are from my parents’ garden!)
– salt
– 1 garlic clove
– around 300 gr plain flour
vegan parmensan
– tomato sauce, basil, 1 onion and white wine
– red cabbage sprouts

Step by step preparation:

1. Wash aubergines, dry, cut in half and bake for 40 minutes at 200ºC/400ºF.

aubergine gnocchi

2. Take pulp off and reserve.

aubergine gnocchi

3. In a saucepan, add 2 tbsp olive oil, fry garlic clove so it gets all its flavour, then take it out and add the aubergines pulp and sautee for some minutes at a medium-high heat.

aubergine gnocchi

4. Allow to cool and add flour until it’s unsticky. I added around 300 grams of flour but you may need more depending on aubergine size.

aubergine gnocchi

5. Take some dough pieces, roll them, cut in pieces and form little balls. If it sticks to your hands, add some more flour 😉

aubergine gnocchi

6. Boil gnocchi until you see them floating on the surface. This indicates they’re ready.

aubergine gnocchi

7. Prepare a super delicious sauce with tomato sauce, a dash of white wine, basil and 1 onion. Put gnocchi on top, spread some parmesan, place some red cabbage sprouts and a dash of olive oil. That’s it!

aubergine gnocchi

With this recipe, you’ll get around 500 gr of gnocchi, and that is why it’s meant for four, but if you’re 2, like we are, you can just freeze the rest. Place them separated on a plate and with some flour, freeze them for a while and when hard, take them out and put them inside a bag. Then, just boil them and… delicious again! You can of course eat them with any sauce you like, this is just my suggestion of preparation and presentation. They look beautiful, don’t they? Hope you love them as much as I do!

2 thoughts on “Ñoques de berenxena / Aubergine gnocchi

  1. Qué orixinal!! Non me gustan nada os ñoquis, pero sí as berenxenas, así que seguro que este prato está boísimo. Tiveches unha moi boa idea! 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *