Parmesano vegano / Vegan parmesan

Parmesano vegano

parmesano vegano

Aquí estamos de novo cunha receita moi saudábel, nutritiva e, como non, saborosísima! Xa sexa porque formades parte da filosofía de vida vegana ou ben porque, coma min, vos gusta experimentar e probar cousas novas, esta receita havos encantar. O certo é que o queixo parmesano é un queixo que sabe taaan ben que rematamos por botarllo a case todo. A min o queixo pérdeme, mais non é un dos produtos máis saudábeis do mercado, como ben saberedes. Este parmesano vegano ofrécenos unha alternativa que nos aporta un beneficio maior para a saúde e que, ademais, ten un sabor moi semellante ao do orixinal. Se vos confeso a verdade, xa é a segunda vez que o preparo en menos dun mes. E por se isto fora pouco, supón unha moi boa opción para aquelas persoas que teñan intolerancia á lactosa. Ao final da receita, falareivos de como empregalo para que estea sempre ao seu punto. Imos aló!

Ingredientes:

– 200 gramos de anacardos crus (que non sexan fritidos nin salgados)
– 5 culleradas de lévedo nutricional ou de cervexa
– 1 culleradiña de sal
– 1 culleradiña de allo en po

Preparación paso a paso:

1. A preparación non pode ser máis sinxela. Nunha picadora, botamos tódolos ingredientes.

parmesano vegano

2. E picamos ata que estea todo ben moído e teña unha textura similar á do parmesano en po. E listo!

parmesano vegano

Creo que nunca unha receita taaan boa tivo tan poucos pasos! Para degustar este parmesano, o mellor é empregalo en cru. Evidentemente, non se derrete, mais si que se torra no forno. Para min, como mellor está é así, polo que cando fago calquera receita no forno, acostumo a botarllo despois, máis que nada porque ao torrarse, para min, perde sabor. Tamén o podedes empregar mesturado co pan relado para facer un rebozado máis saboroso, para botar sobre unhas berenxenas ao forno e, como non, sobre un bo prato de pasta! Sublime!!!

parmesano vegano

E si, hai quen se atreve a papalo a culleradas! 😀

___________________________________________________________

Vegan parmesan

parmesano vegano

Here we are again with a super healthy, nutritious and incredibly delicious recipe! Whether you follow the vegan lifestyle, you like trying new things, you are lactose intolerant or you just don’t want to eat cheese because, as you may know, it’s not really healthy, this recipe will become a favourite of yours! The truth is that if you have some parmesan cheese around, you’ll end up sprinkling it all over every dish. I love cheese, but if you ask me what I’d prefer after trying the vegan one, I would definitely go for this one! Delicious and nutritious is always the best choice! In less thana month, I’ve already prepared it twice, so lose no time and get ready! The flavour is so similar you won’t even notice the difference. At the end of the recipe, I’ll give you a couple of tips on how to eat it. Let’s go!

Ingredients:

– 200 gr raw cashews (neither fried nor salted)
– 5 tbsp nutritional yeast
– 1 tsp salt
– 1 ctsp garlic powder

Step by step preparation:

1. The preparation cannot be easier! Mix all ingredients in a blender.

parmesano vegano

2. Blend until all well integrated and looking like powdered parmesan 😉 And that’s it!

parmesano vegano

I’ve never seen a flavourful recipe with just two steps! The best way to taste it is just like that, raw. As you may guess, it does not melt, but it does toast in the oven. However, I think it loses flavour when turning brown, so I just add it later and so it keeps all the flavour and properties. You can mix it with breadcrumbs to enhance flavour when coating, over baked aubergines and (I save the best for last!) over a good pasta dish! Sublime!!!

parmesano vegano

And yes, I know someone who even ate it by the spoonful! 😀

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.