Non tomaba sopa de cebola desde o meu primeiro embarazo. E de iso hai xa 5 anos. Debo confesar que eu non vos son moito de sopas. Gústame máis o caldiño, que esa chea de fideos da sopa. No fondo, sempre penso que para comer unha chea de pasta, mellor […]
Etiqueta: vegan
Cabaciñas en vinagre
Xa levamos uns cantos días de agosto e este ano aínda non fixera ningunha receita coas cabaciñas. Non podía ser! Vendo receitas, como de costume, dei con varias nas que empregaban as cabaciñas en vinagre a modo de opción vegana para os bocartes en vinagre.
Flan de caqui
Esta flan de caqui que vos traio é unha desas receitas que non sabes moi ben se sairá, porque un flan con só dous ingredientes, nada de azucre e que se fai tan axiña… Semella que realmente non vai saír nin saber ben. Mais este flan estavos ben bo.
Chulas coreanas de cabaciña / Korean zucchini fritters
Chulas coreanas de cabaciña Ata eu mesma me sorprendo da facilidade que teño para ir facendo receitas de cabaciña sen caer eu mesma no aburrimento e facendo que cada día me guste máis preparalas. Que ingrediente máis versátil! Desta vez a cousa non vai de lambetadas, como fixemos co brownie, […]
Brownie vegano de cabaciña / Zucchini brownie
Brownie vegano de cabaciña Tanto tempo a agardar por unha nova receita para que sexa outra receita con cabaciña? Siiiiiii!!! E aínda estarás orgullosa? Estou. Sempre estou feliz de facer receitas coas cousiñas da horta, que lle vou facer. E desta vez aínda o estou máis, pois esta receita de […]
Albóndegas de tofu / Tofuballs
Albóndegas de tofu Ás veces de experimentos na cociña saen as mellores receitas. E foi un pouco iso o que me pasou con estas albóndegas. Normalmente adoitamos facer o menú os domingos para toda a semana e así poder ter un menú máis equilibrado e saber que mercar e para […]