Bacallau con samfaina (ó meu xeito) Hoxe tráiovos unha receita de bacallau con verduras chegada dende Catalunya. O bacallau con samfaina é unha receita moi saudábel, nutritiva e saborosa. Eu póñovos aquí a miña versión, polo que non o tomedes como unha receita tradicional nin nada diso, algo de inspiración […]
Etiqueta: eggplant
Bourekas de berenxena / Eggplant bourekas
Bourekas de berenxena Unha das vantaxes de ter un blogue de cociña é que dás con receitas de orixes moi variadas e que fan que aprendas non só de gastronomía, senón tamén de historia, cultura, costumes e moitas cousas máis. Aínda non recordo moi ben como esta receita chegou a […]
Canelóns de berenxena / Aubergine rolls
Canelóns de berenxena Aínda que xa estamos recollendo as últimas berenxenas da horta, este ano non nos podemos queixar, pois aínda che duraron ben. A min encántanme, e como proba, non se precisa máis que unha ollada rápida aos milleiros de receitas de berenxenas que hai no blogue. Desta vez, […]
Ñoques de berenxena / Aubergine gnocchi
Ñoques de berenxena Rondaba pola miña cabeza dende hai uns días a idea de facer ñoques caseiros. Da primeira vez, fíxenos recheos de queixo azul e nesta ocasión a idea era facer uns ñoques de pataca sen maior complicación. Mais o caso foi que cando me puxen coas mans na […]
Berenxenas con mel / Eggplant fritters with honey
Berenxenas con mel Dende que oin falar deste prato, andaba con ganas de facelo, porque a verdade é que a combinación de ingredientes sorprende. Sexades ou non fans da berenxena ou do mel, este prato seguro que vos gusta. Ademáis, podedes facelas sen mel como alternativa das patacas fritidas, xa […]
Revolto de berenxena e Brie / Scrambled eggs with Brie and eggplant
Revolto de berenxena e Brie Hai algún tempo, puxéronme de tapa nun bar un revolto de berenxena e brie e dende aquela quedei coa teima de probar a facelo. E aqui está! Receita sinxela e rápida, que seguro que vos gustará, pois a berenxena e mailo brie fan unha moi […]