Pan crocante de sementes / Seed crackers

Pan crocante de sementes

seed crackers

Esta receita tan sinxela e rápida é xenial para tomarlle un petisco pola media tarde ou media mañán cando nos entra un chisco de fame e non sabemos moi ben que comer. Ou mesmo para o almorzo, con salmón afumado, crema de queixo ou paté. Non hai que amasar, só mesturar os ingredientes e listo, e ademais, podedes botarlle aquelas sementes que máis vos gusten. Cando as fixen, non tiña sementes de xirasol, mais de seguro que tamén lle quedan de medo, así que imaxinación ao poder! Imos aló!

Ingredientes:

– 200 gramos de fariña de centeo*
– 40 gramos de sementes de liño
– 20 gramos de sementes de papoula
– 5 gramos de sal (1 culleradiña)
– 20 gramos de sementes de cabaza
– 70 ml de aceite de xirasol
– 1 chisco de pementa
– 100 ml de auga
– queixo relado (opcional)
– papel para forno

*Se vos é difícil atopar a fariña de centeo, na rúa Concheiros 11 (no barrio de San Pedro de Compostela) venden esta e outras fariñas (millo, trigo…) na panadería (froitería) O Camiño.

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes agás o aceite, a auga e a metade (máis ou menos) das sementes de cabaza.

seed crackers

2. Engadimos o aceite e a auga e mesturamos ben. Deberá quedar unha masa que non se pegue nas mans.

seed crackers

3. Poñemos a masa entre dous papeis para forno e aplanamos co rolo de amasar ata que quede unha masa ben finiña. Canto máis fina, máis crocante.

4. Botamos o resto das sementes de cabaza e o queixo relado e pasámoslle o rolo de novo para que queden pegadiñas na masa. Facemos marcas cun coitelo para que despois nos sexa máis sinxelo separalos.

seed crackers

seed crackers

5. Enfornamos a 200ºC durante uns 15 minutiños ou ata que vexades que colle unha cor marrón torrada polas beiras.

seed crackers

6. Sacamos o pan do forno, dividímolo (ollo con queimarnos!) e deixámolo arrefriar enriba da grella do forno para que quede ben crocante. E listo!

seed crackers

Unha receita incrible para ter un petisco saudábel e xeitoso sempre a man 😉 E tendo en conta tódalas propiedades e vitaminas das sementes de liño, papoula e cabaza, un pan moi nutritivo e o mellor de todo…saborosísimo!!! Facédeme caso e probádeo, xa veredes como pasará a ser o voso petisco preferido!

___________________________________________

Seed crackers

seed crackers

This so simple and quick recipe is the perfect snack when we feel like eating something but we do not want to eat any sweet treat 😉 Or even for breakfast, with some smoked salmon, cream cheese or pâté. No need to knead, so just mix ingredientes and that’s it! Easy, right? And you can use those seeds you most like, I didn’t have sunflower seeds when making them for the first time, but you can use any seeds you love, I’m sure they will be as delicious! Let’s go!

Ingredients:

– 200 gr rye flour
– 40 gr flax seeds
– 20 gr poppy seeds
– 5 gr salt (1 tsp)
– 20 gr pumpkin seeds
– 70 ml sunflower (or canola) oil
– 1 pinch of pepper
– 100 ml water
– grated cheese (optional)
– baking sheets

Step by step preparation:

1. Mix all ingredients except oil, water and half the pumpkin seeds.

seed crackers

2. Add oil and water and mix well. Dough should no stick to your hands.

seed crackers

3. Put dough between two baking sheets and roll with the rolling pin until it’s really thin. The thinner, the crispier! 😉

4. Add the rest of the pumpkin seeds and grated cheese and roll again so they get into the dough. Make cutting marks so it’s easier to make crackers after baking.

seed crackers

seed crackers

5. Bake at 200ºC/400ºF or until golden brown on sides.

seed crackers

6. Break it into crackers (remember it’s very hot!) and let them cool over a wire rack so it gets super crunchy. That’s it!

seed crackers

An incredible healthy snack which is perfect to have it in the kitchen always on hand 😉 And with all the seeds it has, it’s very nutritious and…the best thing of all…it’s absolutely delicious!!! Do yourself a favour and try these delicious seeds crackers, as soon as you try them, you’ll be baking them every week! 😀

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.