Galletas con pegada
Aviso a todas e todos (e quen avisa, xa sabedes…)!!! Estas galletas son aditivas! E non é por iso que se chaman con pegada, senón porque empregaremos a pegada do noso dedo gordo ou matapiollos, mais tamén se poderían chamar así porque de verdade que deixan pegada! Un sabor intenso a chocolate, unha textura coma a do brownie e, por se isto xa fora pouco, cun recheo de chocolate branco e con leite que…mmmm…puro vicio chocolateiro! De feito, estou escribindo a receita con eles ao meu carón e ven un arrecendo…creo que vou coller unha 😉 Imos aló!
Ingredientes:
– 125 gramos de fariña
– 60 gramos de cacao
– 125 gramos de manteiga
– 100 gramos de azucre
– 1 xema de ovo
– 1 culleradiña de vainilla
– 1 chisco de sal
– chocolate branco, con leite, améndoa picada…
Preparación paso a paso:
1. Batemos a manteiga (medio desfeita)co azucre ata que quede unha mestura cremosa.
2. Engadimos a xema de ovo, a vainilla, o chisco de sal e mesturamos de novo.
3. Xirgamos a fariña e o cacao e engadímolos á masa, amasando xa coas mans ata que non se pegue.
4. Facemos pequenas boliñas de masa, duns 20-25 gramos cada unha, poñémolas na bandexa do forno e co dedo gordecho famos unha pegada no medio, deixando un oco.
5. Enfornamos a 150 graos durante 10 minutos. Cando as saquemos do forno aínda estarán brandas, se vemos que o oco se desfixo algo porque medran un chisco, podemos facerllo de novo (ollo con queimarse, que están ben quentes!) e deixamos que arrefríen na bandexa. Non se poden sacar porque están brandas, e ata que arrefríen, non enduran.
6. Cando xa estean frías e máis duriñas, derretemos os chocolates no microondas (modo desconxelar) e botámolo na pegada das galletas. Podemos decorar con améndoa picada ou fideos de cores. E listo!
Se vos gustan os brownies e o intenso sabor a chocolate, estas galletas son perfectas! Quedan brandiñas, non agardedes unhas galletas crocantes, mais o sabor é impresionante! Ata a masa crúa está boa 😉 Saen unhas 20, pero non vos pensedes que son moitas, que logo se acaban 😀 A papar!!!
___________________________________________
Thumbprint cookies
May I have your attention please!!! I have an important announcement to make! Mind these cookies!!! They are extremely addictive! They do not only have a print on the cookie, but they will also leave a mark on you 😉 An intense chocolate-y flavour and a brownie-like texture make these cookies the best ones EVER! And if that was not enough, just add some melted white or milk chocolate…the perfect dessert for chocoholics! I have them so close to me right now I think I’m going to re-try them, just in case I haven’t described them as good as they deserve 😉 Oh, yes, they’re amazingly flavourful!!! Let’s go!
Ingredients:
– 125 gr plain flour
– 60 gr cocoa powder
– 125 gr butter
– 100 gr sugar
– 1 egg yolk
– 1 tbsp vanilla essence
– 1 pinch of salt
– milk chocolate, white chocoalte, chopped almong, sprinkles…
Step by step preparation:
1. Beat butter (half melted) and sugar until it gets smooth and fluffy.
2. Add the egg yolk, vanilla and sald and mixa all again.
3. Sift flour and cocoa and add them as well, kneading until all is integrated.
4. Form little balls, of around 20-25 grams each, and put them over the baking tray lined with some baking sheet and then make a well in the centre of each cookie with your thumb.
5. Bake at 150ºC/300ºF for 10 minutes. While hot, they will be very soft, so if we see the well in the middle is not so deep as we want it to be, we can just re-make it (be careful because they’re too hot!) Let them cool completely over the baking tray.
6. When cold and harder, melt chocolates in the microwave (defrost option) and pour it over the cookies thumbprint 😉 Add some chopped almond or sprinkles and allow to cool. And that’s it!
If you love brownies and chocolate flavour, these cookies are perfect for you! They’re soft and fluffy, don’t expect them to be crunchy. Even the dough is delicious!!! With this recipe, you will get around 20 cookies, and they’re not too much, they will disappear very quickly 😉 Enjoy!!!
Que pintaza, mimá!! Teñen que estar de vicio!!! Mándanos unhas pouquiñas, hahaha!
Bicos!
Grazas!!! Mando, mando 😀 Están ben boas! Aínda diría que están boas demais hihihi Tendes que probalas, que como sodes ben chocolateiros, seguro que vos encantan 😉 Bicos!