Pementos de Padrón recheos / Stuffed Padron peppers

Pementos de Padrón recheos

image1

Pementos de Padrón??? Recheos??? Co pequenos que son??? Siiii!!! E están boísimos! De verdade! Non dan moito choio, non vos asustedes, nin escollendo os pementos máis grandes, nin nada. Só hai que ir cun pouco de tino e xa está! Ademais, para evitar que o queixo se nos escape, farémoslle un dobre empanado para que quede perfecto 😀 Animádevos porque vos han gustar seguro. Os pementos de Herbón sempre están bos, e se lles poñemos algún queixo galego, que vos vou contar, esta combinación ten que estar boa á forza. Imos aló!

Ingredientes:

– pementos de Padrón
– queixo Arzúa-Ulloa
– fariña, ovo e pan relado para empanar

Non vos poño cantidades, cantos máis, mellor 😉

Preparación paso a paso:

1. Collemos o pemento e facémoslle un corte ao longo. Non lles sacamos o rabiño 🙂

IMG_9276

2. Despois, cunha culleriña pequena, sacámoslle algunhas sementes (para que o queixo teña máis sitio). Se vedes que se vos rompe, non pasa nada, despois co empanado, tapámolo.

IMG_9277

3. Lavamos os pementos para sacarlle as sementes que queden por aí perdidas e secámolos.

IMG_9278

4. Cortamos un anaco de queixo e metémolo dentro do pemento, pechándoo ben.

IMG_9279

5. Pasamos os pementos por fariña, ovo e pan relado. Deixamos que seque o empanado, e volvémolos pasar por ovo e pan relado.

IMG_9280

IMG_9281

IMG_9282

IMG_9283

6. Fritimos en abundante aceite quente ata que estean douradiños e listo!

IMG_9285

O queixo derreterase e os pementos estarán de vicio! Probade, paga a pena perder un chisco de tempo recheando neles. É un petisco moi saboroso e os convidados, familia e amigos ficarán realmente abraiados. Ñaaam!!!

Bo proveito!!!

____________________________________________

Stuffed Padron peppers

image1

Padron peppers??? Stuffed??? But they’re so little!!! Yes, I know, but they’re absolutely delicious!!! You won’t have to work too much, just cutting them very carefully and the rest, easy as ABC! Besides, we will make a double coating and so cheese won’t escape (too much!) Padron peppers are very tasty and Galician cheese is yummy, so the combination of the two together is…wow!!! Flavourful!!! Let’s go!

Ingredients:

– Padron peppers
– Arzúa-Ulloa cheese
– flour, egg and breadcrumbs for coating

No need of quantities, the more, the tastier! 😉

Step by step preparation:

1. Cut each Padron pepper from up to bottom.

IMG_9276

2. Then, with a teaspoon, take off some of its seeds (so the cheese will have more space). If it breaks, don’t worry, we will cover it when coating.

IMG_9277

3. Wash peppers so all seeds fall and dry them.

IMG_9278

4. Cut some cheese and introduce it inside each pepper, trying to close it a bit.

IMG_9279

5. Coat them in flour, egg and breadcrumbs. Let them settle for soome minutes and coat again in egg and breadcrumbs.

IMG_9280

IMG_9281

IMG_9282

IMG_9283

6. Fry all peppers in hot oil until golden and crispy. That’s it!

IMG_9285

Cheese wi melt and the flavour will be like tasting heaven! Just try it! Time preparing them is totally worthy!!! A perfect, flavourful snack family, friends and guests will love and they will be amazed! Yum!

Enjoy!!!

3 Comments

  1. Ángel Pereira

    ¡¡¡Unha vez máis increíble a receta que nos propós!!! ¡¡¡E grazas de novo por usar o noso queixo!!! ¡¡¡Ten unha pinta E S P E C T A C U L A R!!!

    Nota mental: non visitar o blogue de Kukinhas a estas horas… estou salivando como se non comera en días e aínda me queda unha hora e pico para poder saír a comer ;D

    • Co queixo de Bama todo está aínda máis saboroso 🙂 E a combinación é do melloriño, para non parar de repetir! Iso tamén me pasa a min cando teño que escribir as receitas 😀 Recordo como de boas estaban e éntrame a fame sexa a hora que sexa 😉

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.