Trufas de cenoria da India / Indian carrot truffles

Trufas de cenoria da India (Gajar ki burfi)

gajar ki burfi

Dende que fun á Illa Mauricio, hai xa uns cantos anos, sempre tiña na cachola a idea de facer unha sobremesa que probamos alí. Aínda que é unha das illas máis multiculturais do Índico, a poboación hindú é maioritaria e, como non ía ser menos, aproveitamos para probar a súa gastronomía. Cando probamos esta lambetada (o seu nome orixinal é gajar ki burfi ou gajar ka halwa), aínda sabendo que era de cenoria, alucinamos!!! Vaia sabor! Non sabía se me sabía a nata, a leite condensado, a crema de queixo, a chocolate branco…e con ese toque a cardamomo, mmm! Que riiico!!! Así que preparade esas cenorias da horta, que non sempre as imos empregar para pratos salgados, que nas lambonadas tamén quedan de 10! 😀 Imos aló!

Ingredientes para unhas 12-14 trufas:

– 100 ml de nata para montar
– 400 ml de leite
– 250 gramos de cenoria relada (unhas 5 cenorias)
– 90 gramos de azucre
– 1 chisco de cardamomo moído
– 30 gramos de manteiga
– 1 chisco de sal e améndoa picada para decorar

Preparación paso a paso:

1. Eu non tiña cardamomo moído e tampouco sei ben se é sinxelo de atopar, mais os froitos sí se atopan en moitos sitios por iso de que se lle engaden aos xin-tonics 😉 Así que se non atopades as sementes moídas, só temos que mercar os froitos, abrilos, sacarlles as sementes e machucalas nun morteiro ata que vexamos unhas boliñas negras moi pequerrechiñas. Esas serán as que empreguemos 😉

gajar ki burfi

2. Nunha tixola, poñemos a ferver o leite e a nata xunto coa cenoria relada, e deixamos que ferva durante uns 25 minutos ou ata que practicamente todo o líquido se evapore. Durante os primeiros 15 minutos, non teredes que remexer seguido, máis os 10 últimos si, para que non se pegue.

gajar ki burfi

3. Engadimos o azucre e mesturamos ben durante uns 10 minutos.

gajar ki burfi

4. Botamos a manteiga e mailo cardamomo e, de novo, fritimos todo ben sen parar de remexer durante uns 5 minutos.

gajar ki burfi

5. Vertemos a masa nun molde pequeno e deixamos que arrefrie durante 2 horas.

gajar ki burfi

6. Cando xa estea a masa ben fría, podemos cortala en cadradiños e presentala así (a forma máis común) ou ben facer boliñas de trufa, como fixen eu.

gajar ki burfi

7. Para decorar, esparexemos améndoa picada por riba ou algún outro froito seco que vos guste. E listo!

gajar ki burfi

A min gústame moito como lle queda o sal porque contrasta moito co sabor doce do gajar ki burfi e ademais, destaca aínda máis o seu intenso sabor, mais iso xa é cuestión de gustos. Eu déixovos aquí a miña recomendación para quen queira probar.

O proceso é moi sinxelo, o máis complexo é ter que remexer 😉 Se vos atrevedes con esta sobremesa, seguro que haberá sorpresa xeral, pola súa cor tan alaranxada, polo seu sabor intenso e a súa textura suave e delicada. É unha lambetada que adoita facerse en distintos festivais na India e, especialmente, durante o Diwali, o festival das luces, que ten lugar entre os meses de outubro e novembro. Agardo que vos guste esta receita de gajar ki burfi!!!

_________________________________________________

Indian carrot truffles (Gajar ki burfi)

gajar ki burfi

Since I’ve been to Mauritius island, some years ago, the idea of preparing this dessert has always been on my mind. Although Mauritius is one of the most multicultural islands of the Indian Ocean, more than 50% of the population comes from India, and so we tried (and loved) many different dishes from its gastronomy. When we tasted this one, even knowing it was made of carrot, we freaked out!!! What an incredible flavour! We did not even know what it was made of…white chocolate, cream, condensed milk, cream cheese…it tasted like everything! So sweet, so intense and with that amazing touch of cardamom! WOW! So delicious!!! So get your homegrowns carrots ready and start using them in this oh-so-delicious dessert 😀 Let’s go!

Ingredients for 12-14 truffles:

– 100 ml whipping cream
– 400 ml milk
– 250 gr grated carrot (around 5 carrots)
– 90 gr sugar
– 1 pinch of grounded cardamom
– 30 gr butter
– 1 pinch of salt and finely chopped almond to decorate

Step by step preparation:

1. As I didn’t have any grounded cardamom around but have some cardamom pods (which we usually use for gin-tonics), just take the seeds out of the pod and smash them in a mortar with a pestle until you get some small round blackish balls, which are the ones we will be using later 😉

gajar ki burfi

2. In a frying pan, bring milk and cream to a boil together with grated carrot and let all boil for 25 minutes or until all liquid is evaporated. Over the first 15 minutes, stir occasionally and stir continuously the last 10 as it may get burnt.

gajar ki burfi

3. Add sugar and mix for another 10 minutes. Keep stirring.

gajar ki burfi

4. Add butter and cardamom and cook, stirring continuously, for another 5 minutes.

gajar ki burfi

5. Pour the dough into a little square mould and allow to cool for 2 hours.

gajar ki burfi

6. When dough is cold, cut them into squares (the most common way) or make them round and present them as truffles, as I did.

gajar ki burfi

7. To decorate, sprinkle some finely chopped almond or any other nuts you like and that’s it!

gajar ki burfi

I particularly like adding a pinch of salt to the truffles, it contrats with the sweetness of gajar ki burfi and it emphasizes its intense flavour. It’s, of course, optional but highly recommended!

The preparation, as you can see, it’s very simple, the only difficult thing is having to stir all the time 😉 If you try and make them, everybody will love its so beautiful and shiny orange colour, its strong flavour and its smooth texture. It’s a sweet treat which is made all over India in several festivals, especially during Diwali, the festival of lights, which takes place between October and November. Hope you like gajar ki burfi!!!

2 Comments

  1. Tais Orión

    Madre mía que rico tiene que estar esto!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.