Bica de Trives / Bica from Trives

Bica de Trives

Encántanme tódalas bicas! Todas elas!!! E máis houbera! 😀 A de Laza xa hai tempo que me namorou totalmente, mais a de Trives, evidentemente, non queda atrás. O paso a paso é quizais máis complexo, mais o resultado é espectacular! As dúas claves para que a bica quede perfecta son a manteiga, polo que paga a pena facer unha inversión ou conseguir manteiga de vaca da tradicional (non mantequilla) e a masa fermentada, que hai que facer previamente. O demais, bater e bater. Os ingredientes son ingredientes de sempre e, aínda que leve algo de tempo facela, eu repetiría unha e mil veces. Así que non perdades a oportunidade de celebrar o Entroido como se merece con esta bica, que é unha marabilla!!! Imos aló!

Ingredientes para a masa fermentada:

– 200 gramos de fariña de forza
– 2 gramos de fermento fresco
– 120 gramos de auga morna

Ingredientes para a bica:

– 200 gramos de masa fermentada
– 200 gramos de fariña
– 500 gramos de manteiga (que quedarán uns 350 de manteiga clarificada)
– 400 gramos de azucre
– 5 ovos pequenos

Preparación paso a paso:

1. Comezamos preparando a masa fermentada. Terémolo que facer unhas 3 horas antes ou o día antes, iso segundo vos conveña mellor. Para facela, só temos que mesturar os ingredientes: fariña de forza, fermento fresco e auga (algo morna). Amasamos ata formar un boliño onde tódolos ingredientes estean ben integrados, e deixamos, ou ben que repouse e medre ao quentiño durante unhas 3 horas, ou ben toda a noite na neveira. Iso si, se a deixamos ao frío, teremos que sacala unhas horas antes da neveira para que colla temperatura.

2. A continuación, teremos que clarificar a manteiga. Para iso, só temos que poñer a manteiga a quentar ata que se derreta totalmente. En canto estea desfeita, apagamos o lume, deixamos que repouse e separamos a manteiga propiamente dita do soro que quedará no fondo do cazo. Duns 500 gramos de manteiga, quedarannos uns 350 gramos de manteiga clarificada.

3. En canto xa teñamos a masa fermentada e a manteiga clarificada, xa nos podemos poñer coas mans na masa! Comezamos batendo a manteiga co batedor ata que comece a coller unha cor máis branca e unha textura máis cremosa.

4. Engadimos o azucre sen deixar de bater.

5. E a masa fermentada en anaquiños.

6. E por último, os ovos, de un a un.

7. Nun molde forrado cun papel de forno e untado con manteiga, botamos a masa da nosa marabillosa bica e esparexemos azucre abondo por riba.

8. Co forno pre-quecido a 180ºC, enfornamos a bica durante uns 45 minutos. O mellor é sempre picala co escarvadentes, e se sae seco, é que xa está lista!

Que arrecendo sae da cociña!!! E iso que mentres escribo, teño que confesar que aínda non a probei, mais chégame un aroma da cociña…que alimenta!!! En canto arrefríe algo, xa lle vou meter o dente decontado! Queda moi esponxosa, e cunha capa de azucre crocante e con esa cor tan torradiña…puro pracer! E o mellor de todo é que cos días, aínda mellora mais o sabor…que? Aínda non vos convencín? Veñaaa, bulide, que esta bica ben merece todo o tempo que a ela se adique. E que teñades un Entroido moi larpeiro!!!
Actualizo! Está boísisisisisima!!! Súper esponxosa, cun intenso sabor a manteiga e unha textura impresionante! Probádea xa, non perdades máis o tempo!!!

_________________________________________________________

Bica from Trives

I love all the bicas!!! Aboslutely all of them! And if there were more versions, I would be even happier to taste them all. After trying one of the best bicas I’ve ever tasted, the one from Laza, I had to give it a try to the one from Trives, and OMG! It’s so delicious! The step by step is not so simple, but the result is amazing!!! The two most important things to prepare the perfect bica are the butter (the higher the quality, the better) and the sourdough starter, which we will previously prepare. The rest is just whisking and whisking, and although you’ll need time to prepare the bica, every minute of each will be totally worthy. Don’t lose the opportunity to taste Entroido through this wonderful bica. Let’s go!

Ingredients for the sourdough starter:

– 200 gr strong wheat flour
– 2 gr fresh yeast
– 120 gr warm water

Ingredients for the bica:

– 200 gr of the previously made sourdough starter
– 200 gr plain flour
– 350 gr ghee (clarified butter)
– 400 gr sugar
– 5 small eggs

Step by step preparation:

1. First, let’s prepare the sourdough starter. We can either prepare it 3 hours before making the bica, or the previous night. To do it, we just need to mix ingredients and knead until all well integrated. Allow to rest for either 3 hours in a warm place, or overnight in the fridge. If you refrigerate it, you’ll have to take it out a couple of hours before starting to cook.

2. When the starter is ready and the butter clarified (if you couldn’t buy it clarified), we can start our bica! Start by whisking the butter until it gets a white-y colour and a creamy texture.

3. Add in sugar and keep on beating.

4. Add in chopped starter.

5. And last, eggs, one by one.

6. Cover a baking mould with a baking sheet and some butter, and then pour in the dough, dusting with caster sugar.

7. Preheat the oven at 180ºC, bake the bica durring 45 minutes. In case of doubt, insert the toothpick and if it comes out clean, then the bica is ready!

It smells so good!!! While I’m writing, I can still enjoy the sweet smell coming from the kitchen. I’m so looking forward to tasting it! 😀 The bica is a super spongy cake, crunchy and golden brown on top, really sweet and absolutely delicious! And one of the best things about this bica is that it gets better along the days. Yes, even better! Have I already convinced you? Lose no time and prepare one of the most delicious sweet treats you will eve taste!
Update! It’s one of the most delicious cake I’ve ever had, so please, lose no more time and prepare it right now!!!

8 thoughts on “Bica de Trives / Bica from Trives

  1. Hola Kukinhas!
    Síntome totalmente identificada co teu entusiasmo á hora de falar das bicas jajajaj. Son un doce que me encanta! Sinxelo e moi saboroso, lémbrome do seu sabor dende que era pequena e dende entonces non parei de probalas.

    A de Trives non a fixen nunca, pero a de Laza sí, e é irresistible. Esta teño que probala coa tú receita.

    Graciñas e un abrazo grande!

    1. Ola Eva!
      É que resulta imposible resistirse ao sabor da bica!!! Están espectaculares todas e cada unha delas! 😀 A de Laza encántame a min tamén, mais xa che digo que está non queda atrás, a min conquistoume totalmente!
      Grazas polo comentario! Unha aperta enorme!

          1. Ay non sabía que estabas en Barcelona! 🙂 Chámase Ego Galego, está en Gràcia, na plaza da Vila. Ten cousas súper locais e ademáis trae pan, empanadas e verduras frescas de Galicia. Incluso ten Pan de Cea ou torta de cigarrón (eu nin a coñecía), con iso che digo todo! 🙂
            A dona da tenda chámase Estrella. Se vas dille que a coñeciches por Mantel a Cuadros 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *