Se vos digo a verdade, levo coa fariña de castañas mercada na casa desde o verán. E si, merqueina xa para facer esta receita de bica de castañas, mais tiña que agardar a que fora época de entroido para poñerme en situación e poder ensinarvos a receita.

E como este blogue tamén me serve como terapia, sigo coas miñas confesións, e é que non tiña nin idea de como ía ser o resultado final, ou se me ía gustar. Nunca antes preparara lambetada algunha coa fariña de castañas e non sabía moi ben como ía ir a cousa coas cantidades. Mais se hai algo que me gusta cando cociño é probar. Iso si, non me aquela nada que as probas non me saian ben, mais desta vez houbo sorte. O resultado é unha bica de castañas moi larpeira, coa típica textura esponxosa e húmida da bica. E o mellor de todo, cun sabor a castaña que aínda a fai máis apetecíbel.

Non pretendo convencervos moito porque xa sei que as bicas non precisan de moita publicidade para seren un éxito total. As bicas e, en xeral, tódalas lambonadas do Entroido. Para que a bica teña pinta de bica precisamos ter en conta dúas cousas sinxelas mais moi importantes. Primeira, forrar o molde con papel de forno e segunda, esparexer azucre por riba da masa antes de metela no forno para que a parte superior fique crocante. O demais, case case é todo bater e enfornar. Unha receita rápida, sabedeira e sinxela, das que a min me gustan.
Déixovos ao final o vídeo da receita que gravei para poñer no TikTok.
receita
10 comensais
10 minutos
45 minutos
As xustas
Ingredients
9 claras de ovo
400 gramos de azucre*
210 gramos de fariña de castañas
150 gramos de fariña triga
350 gramos de crema para montar
azucre para esparexer
*Nesta receita, eu empreguei 430 gramos de azucre, mais a fariña de castañas dálle un toque doce que non lle dan as outras, polo que penso que uns 400 hanlle chegar ben. Iso si, xa sabedes que estas cousas de doce son moi de gustos, polo que o mellor de todo é probar ata dar coa versión que a vós máis vos encha o ollo, e o padal.
Preparación
- Montamos a nata e reservamos. Poñemos o forno a quentar a 180ºC.
- Batemos as claras a punto de neve xunto co azucre.
- E engadimos a fariña de castañas e mais a fariña triga, mesturando todo con moito coidado.
- Botamos a nata montada e mesturamos con movementos envolventes para que fique ben cremoso.
- Forramos un molde rectangular de 30 x 18 con papel de forno, botamos a masa da bica e esparexemos o azucre.
- Enfornamos durante uns 45 minutos a 180ºC ou ata que un escarvadentes cravado no centro saia limpo.
Se non sodes quen de comela toda e tedes medo de que remate por secarse, podedes conxelala. Aguanta moi ben e despois de conxelala, non se lle nota nadiña. Aínda que habendo larpeiros pola casa, non ha haber problemas dese tipo 😉
Bica de castañas / Chestnuts Bica
Course: DessertCuisine: GalicianDifficulty: Easy10
servings10
minutes45
minutesOne of the best traditional recipes we can taste to celebrate Galician Carnival, made with chestnuts flour and lots of love and sugar 🙂
Ingredients
9 egg whites
400 grams of sugar
210 grams chestnuts flour
150 grams plain flour
350 grams of whipping cream
sugar to top
Directions
- Whip cream and keep for later. Prehat oven at 180ºC.
- Whisk egg whites until fluffy and form stiff peaks, add in sugar and beat.
- Add in the flours and mix carefully until fully integrated.
- Mix in whipped cream very carefully and with round movements.
- Cover a rectangular mold of 30 x 18 with parchment paper and top with sugar.
- Bake for 45 minutes at 180ºC or until a toothpick inserted in the middle comes out clean.
Boísimo todo.
Moitísimas grazas!!!