Ensalada rusa / Olivier salad

Ensalada rusa

ensalada rusa

Semella que este ano a calor non quere marchar, aínda que agora nos estea a dar un respiriño, semella que volverán as altas temperaturas, as poucas ganas de cociñar e a fame de pratos fresquiños. Hai pratos que son de toda a vida e xa por iso, teñen que ter un oco no blogue. A ensalada rusa é unha delas. Iso si, o mellor é mercar todo fresco, sobre todo os chícharos, aínda que nos toque debullar durante un pouco 😉 Paga moito a pena! Imos aló!

Ingredientes para 4 persoas:

– 125 gramos de xudías verdes
– 100 gramos de chícharos (xa debullados)
– 250 gramos de cenorias
– 500 gramos de patacas
– 300 gramos de atún
– 4 ovos
– olivas (ao gusto)

Preparación paso a paso:

1. Limpamos e cortamos as xudías en anacos máis ben pequenos.

ensalada rusa

2. Facemos o mesmo coas cenorias.

ensalada rusa

3. Coas patacas.

ensalada rusa

4. E debullamos chícharos.

ensalada rusa

5. Cocemos os chícharos, as xudías, as cenorias e os ovos por un lado e as patacas por outro.

ensalada rusa

6. Deixamos que arrefríen tódolos ingredientes. Cortamos os ovos e engadímolos xunto coas olivas e o atún. E listo!

ensalada rusa

Para acompañar, nada mellor que unha maionesa caseira. Non sei a vós, mais eu é facer calor e ter gana de ensalada rusa. E sobre todo, caseira! Hai quen lle bota tamén pementos, gambas, paus de cangrexo… Iso xa a gustos! Aquí déixovos a receita máis básica e coa que podemos empregar máis produtos da horta. Ide preparándovos que dentro de pouco, estaredes de novo preparando esta ensalada rusa 😉
Bo proveito!!!

_________________________________________________________

Olivier salad

ensalada rusa

It looks like hot and sunny days are making this summer last forever! Although they have go down a bit, the temperatures will rise again in a couple of days. Meanwhile, we keep on preparing fresh recipes perfect for these days. The Olivier salad is a salad which I only feel like eating in sunny days, and to prepare them, you just need some fresh ingredients and it will be perfect. Especially peas, if you can find them fresh, it will be incredible! They DO make a difference! Let’s go!

Ingredients for 4:

– 125 gr green beans
– 100 gr peas
– 250 gr carrots
– 500 gr potatoes
– 300 gr tuna
– 4 eggs
– some olives

Step by step preparation:

1. Wash and chop beans.

ensalada rusa

2. Carrots.

ensalada rusa

3. Potatoes.

ensalada rusa

4. And peas.

ensalada rusa

5. Cook all veggies and eggs in a pot and potatoes in another one.

ensalada rusa

6. Allow to cool and then chop eggs and mix all, together with tuna and olives. And that’s it!

ensalada rusa

The mos typical sauce is mayonnaise, and, as I always recommend, make your own homemade version! Much healthier and flavourful. You can add shrimps, peppers, crab sticks… try and taste! This is the basic version, the one with the most homegrown products, and that’s why it’s my fav 🙂 Try your own versions and tell me all about it!
Enjoy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *