Tortiñas saudábeis de cacao
Estas tortiñas téñeno todo, son saudábeis, sen glute, sen azucres e con moooito sabor a chocolate! E se con isto non abondara, só precisamos 3 ingredientes! E 3 ingredientes ben sinxelos que acostumamos a ter pola cociña. Fanse nun plis, tanto o masa como a tortiñas e, ademais, podemos engadir froitos secos, froitos vermellos e, coma sempre, convén remollalas cun bo chorriño de mel ou de sirope de ágave. E se as queredes facer maís larpeiras, uns anaquiños de chocolate quedaranlle de medo. Imos aló!
Ingredientes:
– 1 banana ben maduriña
– 2 ovos
– 1 culleradiña e media de cacao
– mel, sirode de ágave, arandos, chocolate… (opcional)
Preparación paso a paso:
1. Facemos un puré coa banana.
2. Engadimos os ovos batidos e o cacao.
3. Mesturamos todo ben ata ter unha masa máis ou menos uniforme. Sempre se notarán os anaquiños de banana.
4. Nunha tixola cun chisquiño de aceite de oliva, botamos culleradas de masa. Non as faremos moi grandes (2 culleradas por tortiña) porque ao non ter fariña, non teñen tanta consistencia e, polo tanto, se as facemos moi grandes, costaranos máis viralas.
5. Cando xa se poidan virar e vexamos esas burbulliñas que nos indican que xa están a punto, dámoslles a volta e deixamos que se fagan polo outro lado. E listo!
Imos poñendo as tortiñas unhas sobre outras para facer unha boa torre de tortiñas e regamos con moooito mel ou sirope 🙂 E para completar estas tortiñas tan saudábeis, nada mellor que unhas noces e uns arandos. Como vedes, é unha receita moi doada e non hai que agardar a que a masa repouse. Coma sempre, agardo polas vosas fotos. Ben sei que esta receita a faredes máis de unha vez 😉 Bo proveito!!!
_____________________________________________________
Healthy cocoa pancakes
These pancakes are one of the best pancakes recipe ever! They’re healthy, gluten and sugar free and with a super chocolate-y flavour!!! 😛 And the best of all, we just need 3 ingredients!!! We can of course add some more, such as nuts or berries, but with this basic recipe, you’ll be eating pancakes almost every day! 😀 To give them a sweet touch, add some honey or agave or maple syrup. Delicious! And what about chocolate chips? Yummy!!! Let’s go!
Ingredients:
– 1 ripe banana
– 2 eggs
– 1 1/2 tsp cocoa powder
– honey, agave/maple syrip, bluberries, chocolate… (optional)
Step by step preparation:
1. Smash the banana.
2. Add beaten eggs and cocoa powder.
3. Mix well until integrated, though you may find some banana chunks.
4. In a frying pan with some olive oil, add tablespoons of the pancake mixture. Don’t make them too big (about 2 tablespoons each) because as they have no flour, its consistency is softer and so if you make them too big, it will be more difficult to flip.
5. When ready to flip (you will see some bubbles on top), flip them over and allow to cook on the other side. And that’s it!
Start your pancake tower and then top it with honey, syrup, blueberries, walnuts…You can add whatever you want but remember to keep it healthy! 😉 As you can see, this is a very simple recipe, and it’s so quick and delicious you’ll be preparing them once again! Waiting for your pics to come! 😉 Enjoy!!!
Encántame a receita! Hei de probala! 😉
Grazas!!! 😀 Xa me contarás se che gustou!