Ensalada de lentellas e arroz
Agora que semella que se está achegando o bo tempo, é momento de preparar ensaladas. Desta vez, traiovos unha ensalada de lentellas con arroz apta para veganos e vexetarianos. Podedes preparala só con lentellas, máis ao engadirlle o arroz, faredes que sexa máis nutritiva. Ademáis, está boísima e é moi lixeira, rápida e sinxela de preparar. Verán, xa podes chegar, que estamos preparados!!! Imos aló!
Ingredientes para 2 persoas:
– 50 gramos de lentellas
– 30 gramos de arroz
– 1 cenoria grande
– media cebola pequena
– un pouco millo doce
– 1 tomate
– unhas poucas olivas
– vinagre de viño branco, sal e aceite
Preparación paso a paso:
1. Cocemos o arroz e as lentellas por separado ata que estean no seu punto.
2. Cortamos a cenoria, a cebola, o tomate e as olivas en anaquiños.
3. Botamos auga fría por riba do arroz e das lentellas (con moito coidadiño para que non nos rompan). Ao botarlle a auga fría, faremos que nos queden máis soltas.
4. Mesturamos os tódolos ingredientes, e o millo tamén 😉 E preparamos unha vinagreta co vinagre, o sal e o aceite de oliva e engadímosllo. E listo!
Para que esta aínda máis saborosa, podedes deixala un tempo na neveira para que estea ben fresquiña! Por suposto, podedes variar os ingredientes, e engadirlle pemento verde e/ou vermello, cogombro, chícharos…ou aqueles ingredientes que máis vos gusten.
Bo proveito!
________________________________________________________
Lentils and rice salad
Now the good and sunny weather is coming, it’s time for salads! This time, a lentils and rice salad, perfect for vegans and vegetarians. You can prepare it only with lentils, but with the rice in it, you’ll make it more nourishing. Besides, it’s veeery tasty, healthy, quick and easy. Summer, you can come! We are more than ready! Let’s go!
Ingredients for 2 people:
– 50 gr lentils
– 30 gr rice
– 1 big carrot
– 1/2 small onion
– a bit of sweetcorn
– 1 tomato
– some olives
– vinegar, salt and olive oil
Step by step preparation:
1. Boil the lentils and the rice separately until done.
2. Chop the carrot, the onion, the tomato and the olives.
3. Pour some cold water over the rice and the lentils, very carefully. Thus, the lentils and the rice will be more non-sticky.
4. Mix all the ingredients, sweetcorn too 😉 And prepare a vinaigrette using white wine vinegar, salt and olive oil. And that’s it!
To make it tastier, put it in the fridge for a while. You can vary the ingredients, and add some red or green bell peppers, cucumber, peas… or those ingredients you like the most.
Enjoy it!