Con estes días de calor, e despois das bolachas de framboesas e chocolate branco, tocaba unha receita ben fresquiña. E quen non comeu nunca de sobremesa torta xeada? Aquí na Galiza é un must. E o meu tío di que se non a hai de sobremesa, o restaurante non vale […]
Etiqueta: verán
Salada de patacas asadas
Xa hai uns meses que esta receita se volveu viral, mais eu aínda non me atrevera a preparala porque tampouco estaba o tempo para facer eses experimentos. Iso si, despois destes días de calor, lembreime dela e decidín probar. Eu boteille un pouco o que atopei pola neveira, sen mirar […]
Madalenas veganas de banana e amoras
Non sei se vos contei algunha vez que me gusta moito ir apañar amoras. Non é que atope moitas, mais para facer unha lambetada sempre chegan… Ou non. Porque ir con dous lambóns de amoras, non o pon moi sinxelo. Así que a solución é ir moitas veces, para poder […]
Scarpaccia de cabaciña
Esta é unha desas receitas que, como dirían as Tanxugueiras, veñen para quedar. Nós xa a fixemos máis dunha vez e, de feito, unha cea sempre a apañamos con esta scarpaccia de cabaciña. Esta receita de scarpaccia vina por primeira vez no Instagram de Dr. Vegan e foi amor a […]
Cabaciñas en vinagre
Xa levamos uns cantos días de agosto e este ano aínda non fixera ningunha receita coas cabaciñas. Non podía ser! Vendo receitas, como de costume, dei con varias nas que empregaban as cabaciñas en vinagre a modo de opción vegana para os bocartes en vinagre.
Bublanina de cereixas
Encántame esta receita de bublanina por moitas razóns. É unha lambetada moi sinxela de facer, basicamente mesturar e enfornar. Leva froita, que iso sempre me gusta. Faise na bandexa do forno, así que non hai que andar mercando moldes. E dá para moitos anacos, o que me gusta moito porque […]