Malfatti de ricotta e espinacas

Os malfatti (literalmente mal feitos) son un deses pratos que sabes que en canto o probes, non vas poder parar de facelo. E non me refiro a probalo, senón a cociñalo. De feito, no meu caso, así foi. Desde que descubrín estas pequenas bólas de ricotta e espinacas, xa as fixen dúas veces. E de seguro non han ser as últimas. 

malfatti

Aínda que semella que quedou unha receita moi longa, o certo é que o paso a paso non pode ser máis sinxelo e rápido. Hai quen di que os malfatti son os ñoques versión exprés. E eu engadiría que tamén son unha versión máis saudábel. 

malfatti

Cando andaba no proceso de facelos e vin as espinacas así, na auga, mentres as lavaba, veume á cabeza unha idea que penso que lle pode quedar moi ben. Agora que aínda estamos en época de grelos, penso que sería moi boa combinación e mellor idea empregar grelos e non espinacas, que vos parece? Eu non vou probar, de momento, porque aquí en Catalunya non teño esa facilidade para atopar grelos, mais os que os tedes na horta, podedes facer a proba e contarme que vos pareceu a idea. 

Ingredientes para 20 malfatti

  • 2 manoxos de espinacas (700 gr, 300 xa limpas e só as follas)

  • 1 cebola

  • 2 culleradas de manteiga

  • 250 gramos de ricotta

  • 1 culleradiña de noz moscada

  • 75 gramos de queixo Parmesano (e máis para polvillar por riba)

  • 1 ovo

  • 1 chisco de pementa negra

  • sal

  • 1 ou 2 culleradas de maicena (e maicena para empanar)

  • prebe de tomate caseiro

PREPARACIÓN

  • Comezamos fritindo a cebola picada nas dúas culleradas de manteiga. Fritiremos a lume baixo ata que estean ben feitas.malfatti
  • Lavamos as espinacas, retiramos o talo e botamos as follas de espinaca onde a cebola. Tapamos a tixola e deixamos que se fagan a lume lento. Salgamos.malfatti
  • Mentres, mesturamos: ricotta, ovo, parmesano, noz moscada e pementa negra.malfatti
  • Destapamos a tixola e deixamos que se evapore a auga das espinacas a lume forte durante uns minutos.malfatti
  • Sacamos as espinacas da tixola, poñémolas sobre unha táboa e picamos cun coitelo. Eu escorrinas un chisco cun coador despois de cortadas.Mesturamos as espinacas e maila masa de ricotta e remexemos ben ata que estea todo integrado.malfatti
  • Mesturamos as espinacas e maila masa de ricotta e remexemos ben ata que estea todo integrado.malfatti
  • Engadimos a maicena e mesturamos de novo.malfatti
  • Facemos boliñas, pasámolas pola maicena e cocémolas durante uns segundos en auga fervendo a lume medio (para que non rompan) como fariamos cos ñoques.malfatti
  • Poñémolas sobre o prebe de tomate caseiro nun molde para forno e botámoslle outro pouco de parmesano.malfatti
  • Gratinamos ata que vexamos que o parmesano fica douradiño. E listo!

É unha receita tan rápida e sinxela, que case vos diría que é pecado non darlle unha oportunidade e probala! Eu penso facela de novo, e probar con outro prebe. Os malfatti viñeron para quedar no meu menú para sempre, e vós? Que agardades para facerlles un oco? E se non sodes moi de prebe de tomate, sempre podedes probar cun pouco de manteiga e un toque de salvia, como fariamos cos ñoques.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.