Albóndegas recheas
Xa había tempo que rondaba pola miña cachola a idea de facer albóndegas caseiras. É ben certo que nunca foron santo da miña devoción, de feito, cando era pequecha, miña nai sempre facía para min hamburguesas e non albóndegas, é dicir, dáballe forma de hamburguesa á mesma carne picada, rebozábaa e fritíia coma se fose unha hamburguesa. E así, a pequena Kukinhas comíaas de marabilla. Xa podedes deducir que era un chisco tiquismiquis con estas cousas porque a carne era a mesmiña. Tamén debo confesar que sigo preferindo as hamburguesas ás albóndegas, mais funme reconciliando con elas e agora xa me gustan algo máis 😉 Desta vez, para darlle un toque diferente, as albóndegas van recheas de queixo e con alfábega. Polo demáis, o de sempre, un prato sinxelo, rápido e si, saborosísimo!!! Imos aló!
Ingredientes:
– 500 gramos de carne de tenreira picada
– 3 ou 4 follas de alfábega fresca
– 1 ovo
– uns 75 gramos de pan relado
– mozzarella relada
– fariña
– 1 cebola
– prebe de tomate
– ourego
Preparación paso a paso:
1. Mesturamos a carne picada coas follas de alfábega tamén picadas, o ovo e o pan relado. A cantidade de pan relado será ata que as albóndegas sexan doadas de formar.
2. Coa mozzarella relada faremos boliñas apretándoa ben. Dámoslle forma redonda á albóndega, facémoslle un oco no medio, poñemos a mozzarella e pechamos, dándolle forma redonda de novo.
3. Rebozámolas en fariña.
4. E fritímolas a lume forte ata que estean douradiñas por fora.
5. Por outra banda, fritimos a ceboliña picada e engadímoslle o prebe de tomate e ourego ao gusto.
6. Botamos as albóndegas no prebe de tomate e deixamos que se vaian facendo no prebe a lume lento para que se acaben de facer por dentro. E listo!
A mozzarella quédalle moi ben e fai que as albóndegas fiquen moi cremosas por dentro, mais como sempre vos digo, calquera queixo que vos guste ou que teñades a man servirá perfectamente para darlle cremosidade. E quen pode resistirse a unhas albóndegas caseiras? Dende logo, eu xa non! 😀
Bo proveito!!!
____________________________________________________
Stuffed meatballs
I’ve always wanted to have a homemade meatballs recipe in the blog, and here it is! 😉 The truth is that I have not always been a meatball-fan, in fact, when I was a child, my mom had to make burgers instead of meatballs for me. She just gave the same meat but with a burger shape and little kukinhas ate them all right away. I was a little bit fussy about it 🙂 Although at present, I still prefer burgers to meatballs, I sometimes feel like eating meatballs, especially these ones, which are cheese-stuffed! Let’s go!
Ingredients:
– 500 gr minced meat
– 3 or 4 leaves fresh basil
– 1 egg
– around 75 gr breadcrumbs
– grated mozzarella
– flour
– 1 onion
– tomato sauce
– oregano
Step by step preparation:
1. Mix minced meat, basil, egg and breadcrumbs. The amount of breadcrumbs will depend on the meat and spices, so add more or less until you can form meatballs easily.
2. Form mozzarella little balls. Shape meatballs, make a hole in the middle, place the mozzarella and shape meatballs again.
3. Coat them with flour.
4. And deep fry until golden brown all around.
5. On the other hand, saute onion, add tomato sauce and oregano.
6. Then, place the meatballs over the tomato sauce and let them cook at a low-mediumd temperature until meatballs are cooked on the inside. And that’s it!
Mozzarella gives these meatballs a so soft and smooth inside you’re going to love them as soon as you bite them! If you don’t like or have mozzarella, you can use any other soft cheese. Who can resist these super delicious homemade meatballs? I simply can’t! 😀
Enjoy!!!