Chulas de alcachofa / Artichoke fritters

Chulas de alcachofa

alcachofas

As receitas de chulas son xeniais. Non levan ingredientes moi complicados e pódense facer con case calquera verdura, froita ou peixe. Despois de probar as chulas de cabaza e de bacallau, tocaba facer outra versión salgada e con verduras, desta vez, con alcachofas. Xa veredes que ricas están! O máis complicado é quizáis preparar as alcachofas, mais axiña se lle colle un truquiño 🙂 Imos aló!

Ingredientes:

– 1 kilo e 1/2 de alcachofas
– 1 cebola
– 1 limón
– sobre 170 gramos de fariña
– 5 gramos de fermento químico
– 1 ovo
– uns 100 ml de auga fría
– 1 culleradiña de aceite

Preparación paso a paso:

1. Para preparar as alcachofas, temos que ir sacando as follas máis duras ata chegar á parte máis brandiña, ao corazón da alcachofa.

alcachofas

2. Despois cortamos a parte dura de atrás e a punta das follas, que tamén será dura.

alcachofas

3. Mentres as cortamos, imos deixándoas nun bol con auga e zume de limón, para que non se poñan moi escuras.

alcachofas

4. Fritimos a cebola e, cando xa estea case a punto, engadimos os corazóns das alcachofas. Tapamos a tixola e deixamos que se fagan a lume lento durante uns 20 minutos. Coa humidade que colleron as alcachofas na auga, xa chegará para que se fagan.

alcachofas

alcachofas

5. Picamos as alcachofas xunto coa cebola.

alcachofas

6. Batemos o resto dos ingredientes ata ter unha masa máis ou menos líquida e deixamos que repouse durante 30 minutos na neveira.

alcachofas

7. Mesturamos a masa e a cebola e as alcachofas picadas.

alcachofas

8. Nun cazo con aceite ben quente, iremos fritindo boliñas de chulas ata que estean ben douradiñas. E listo!

alcachofas

É unha receita como tódalas de chulas, sinxela e moi saborosa. As cantidades de masa dependerán moito da cantidade de alcachofas que compredes ou se a masa vos gusta máis líquida ou máis espesa. Se o facedes coas que vos puxen nos ingredientes, sairá unha masa máis ben espesa e xusta para que as chulas queden ben recheas 🙂 Agardo que vos guste!!!

__________________________________________________

Artichoke fritters

alcachofas

Fritters recipes are incredible! Ingredients are really basic and you can make them with almost any ingredient you want, fruits, veggies or even fish. So after trying the pumpkin and the cod versions, it was about time to make a new one using artichokes. They’re full of flavour! The hardest part is getting artichokes ready, but as soon as you start doing it, you’ll become an expert! Let’s go!

Ingredients:

– 1 1/2 kilo artichokes
– 1 onion
– 1 lemon
– about 170 gr flour
– 5 gr baking powder
– 1 egg
– around 100 ml water
– 1 tsp oil

Step by step preparation:

1. To prepare artichokes, we just have to take all hard leaves out until you get to the centre (called the heart) which will be soft.

alcachofas

2. Then, cut the back part and the upper leaves part because both will be a bit hard when eating them.

alcachofas

3. While we cut all the artichokes, put the cut ones on a bowl with water and some lemon juice, so they won’t get a dark colour.

alcachofas

4. Fry the chopped onion and when almost done, add the artichokes hearts. Cover the pan and let artichokes cook for 20 minutes at a low-medium temperature. The water they’ve absorbed while in the water will be just enough to cook.

alcachofas

alcachofas

5. Chop fried artichokes and onion.

alcachofas

6. Beat the rest of the ingredients until getting a somehow thick batter and let it settle in the fridge for 30 minutes.

alcachofas

7. Mix the batter and the chopped artichokes and onion.

alcachofas

8. In a pot with hot olive oil, fry little balls of batter until fritters are golden brown. And that’s it!

alcachofas

As every fritters recipe, it’s easy and tasty. The quantities of the ingredients may vary depending on the artichokes but also on how you like the batter. Using the above given ingredients, batter will be quite thick, if you prefer it more liquid, add some more water. I usually make ir thick because it usually absorbs less oil 🙂 I hope you like these incredibly delicious artichoke fritters! 😛

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.