Chips de alcachofa / Artichoke chips

Chips de alcachofa

Mira que fixen esta receita unha chea de veces, de feito, pensaba que xa a puxera no blogue; ata que un día me puxen a buscar a receita e vin que non, que non a tiña! Como podía ser iso? Eu nunca fun moito de alcachofas (xa empezo coas confesións), sempre era das que dicía que non sabían a nada, que sabían a madeira…en fin, que non as quería nin en pintura. Ata que as probei así. E mira que a receita é ben sinxela! As alcachofas así saben de vicio!!! Ponse un a comelas e baixan coma se foran olivas. Unha detrás de outra e remataches o prato sen decatarte. Non vos enredo máis e imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 5 ou 7 alcachofas
– 1 limón
– fariña para biscoitos
– sal

Preparación paso a paso:

1. Pelamos as alcachofas sacándolles as follas máis duras, as partes duras do rabiño e a punta

ata que nos quede algo así.

2. A continuación, cortámolas en tiras.

3. E poñémolas nun bol de auga con zume dun limón para que non se oxiden.

4. Despois pasámolas por fariña (deste vez empreguei fariña para biscoitos – porque era a que tiña pola casa -e gustoume moito máis o resultado, mais pódense facer coa fariña de sempre).

5. E fritímolas en aceite quente ata que fiquen douradiñas.

6. Poñémolas sobre papel absorbente e salgamos. E listo!

A min gústame cortalas un chisco gordiñas, mais se vos gustan aínda máis crocantes, cortádelas máis finas e xa está. O importante é que queden ben douradas para que as puntas queden ben crocantes e suuuper sabedeiras! 😛 Os rabiños tamén saben ben, só hai que sacarlles a parte exterior, que é máis dura, e o resto está igual de bo que o resta da alcachofa. Se non tendes limón a man, mais perexil na horta, tamén se pode poñer na auga para que non se poñan escuras as alcachofas. Simplemente teremos que poñer perexil na auga e botar as alcachofas enriba. Un petisco, un prato ou un acompañamento perfecto para calquera prato. Bo proveito!!!

_____________________________________________

Artichoke chips

I have prepared this recipe so many times I thought I had already posted it on the blog. But one day, I wanted to show someone the recipe and I couldn’t find it…because I didn’t have it on the blog. And that’s why here it is! I have never been a huge fan of artichokes, and when someone talked about preparing them, I always said the same: they have no flavour, they taste like wood…etc. All this until I tried them like this in a restaurant and I decided to prepare them at home. Now I’m crazy for them! And the recipe is simple and quick, something we really appreciate when we don’t know what to cook and we want something (more or less) healthy 🙂 Let’s go!

Ingredients for 2:

– 5 or 7 artichokes
– 1 lemon
– cake flour
– salt

Step by step preparation:

1. Peel artichokes taking off the hard leaves, the outer part of the stem and the top

until you get something like this.

2. Then, cut into stripes.

3. And place them in a bowl with water and the juice of one lemon.

4. Flour all the artichokes (I like them most with cake flour, but you can as well use plain flour if you don’t have cake flour around).

5. Deep fry them in plenty of hot olive oil until golden brown.

6. Place them over a kitchen town and salt. And that’s it!

I like them thick, but you can cut them thinner and they’ll be crispier! It’s key to wait until they’re golden brown so the top of the artichoke is super crunchy! The stem tastes very good as well, you just have to peel it and it will taste as the rest of the artichoke. The most delicious part, for me, is the top of it. If you don’t have lemon at home, but you have parsley, you can use it as well to avoid the artichokes from getting dark. I like this dish as a snack, a side dish for a couscous, a veggies dish, meat, dish… or whatever you may think of. They’re delicious!!! Enjoy!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.