Torta de mazá
Unha torta das de sempre, desas que vale a pena facer porque está boísima. Non require nin moito tempo, nin moita experiencia na cociña, e resulta estupenda tanto para tomala de postre como para unha merenda.
Ingredientes:
– 4 ou 5 mazás para o recheo, sen pedibas e sen pel
– azucre ao gusto
– 2 mazás para a parte superior
– azucre moreno
– 1 masa follada
– marmelada de pexego
– un chisco de manteiga (opcional)
Preparación paso a paso:
1. Comezaremos por cocer as mazás co azucre, como se fixeramos unha marmelada. (A cantidade de azucre dependerá do doces que sexan as mazás). Reservamos.
2. Nun molde de apertura lateral, extenderemos a masa follada, facendo un pequeno borde ao redor, e picando a base cun garfo, para que non medre no forno.
3. Botaremos o puré de mazá por riba e repartirémolo uniformemente cunha culler.
4. Prepararemos agora as mazás que colocaremos enriba do puré. Para iso, pelámolas, sacámoslles as pebidas e cortámolas en anacos, como vemos na imaxe.
5. Despois, só teremos que colocalas enriba do puré da maneira que máis vos guste. (Como vedes, a miña quedou un chisco ‘torta’!) 😉
6. Engadiremos azucre moreno por riba das mazás, para que collan unha cor dourada no forno.
Kukiconsello: para que as mazás queden máis tenras, repartiremos unhas pequenas boliñas de manteiga por riba das mazás.
7. Metemos a torta no forno e deixarémola durante uns 40 minutos a 180 graos, ou ata que as mazás comecen a ter unha cor marrón escura polas beiras.
8. Sacamos a torta do forno, deixamos que arrefrie un pouco, e botámoslle a marmelada de pexego, para que as mazás non se sequen. E listo!
Se tedes algunha dúbida ou comentario, non dubidedes en comentar! Ah! E se alguén de vós a fai e lle saca unha foto, podédesma enviar a kukinhasblogue@gmail.com e colgareina no Salón da Fama!
______________________________
Apple pie
– some sugar
– 2 apples for the top of the pie
– some brown sugar
– 1 disk puff pastry
– peach jam
– some butter (optional)
2. In a spring form tin, cover the base with the puff pastry, bending the edges. Pinch the base with a fork not to let it grow in the oven. 3. Pour the apples purée over the pastry and spread it with a spoon.
4. Now, peel the other 2 apples and take out their seeds. Then, cut it as you see in the picture.
5. Now put them over the apples purée as you like it!
6. Add some brown sugar over the apples. Thus, they will get a beautiful brown colour in the oven.
Kukitip: for the apples to be smoother, add some little butter balls over the apples.
7. Put the pie in the oven for about 40 minutes at 180°C / 350° F, or until the apples edges become dark brown.
8. Take the pie out, let it cool and add some peach jam over it. Thus, the apples on top won’t end up too dry. And that’s it!
If you have any doubt or comment, please let me know! And if you prepare any of these recipes, and you take a picture, send it to me to kukinhasblogue@gmail.com and I will pin it on the Hall of Fame!