Cando comeza a asomar o outono, o noso pensamento adoita a levarnos a días de manta, chuvia, sofá e cousas quentiñas. E semella que os nosos niveles de enerxía están máis baixos do habitual. Máis sono, máis cansazo e máis preguiza. Así que ter á man groliños de inverno que […]
Etiqueta: outono
Vincha ou bandullo de Entroido
A festa que máis me presta é o Entroido. Comezando polo cocido e as filloas e rematando con toda esa morea de lambetadas, que son tantas e tan variadas. E sen ningunha dúbida, tamén podo engadir que están todas boísimas. Aquí neste blogue xa levamos unhas poucas, filloas sen ovos […]
Torta de castañas e chocolate
Esta torta de castañas e chocolate ten unha textura tipo brownie. Moi húmida e chocolateira. Con todo o sabor do chocolate e das castañas. E o mellor de todo é que podémola facer, ou ben con castañas asadas ou ben con elas cocidas. Eu fíxena para aproveitar unhas castañas asadas […]
Yul-lan: bólas de castaña coreanas
Levaba uns días buscando unhas castañas boas para poder facer lambetadas con elas. E hoxe, que por fin puiden ir á praza de abastos, merqueinas e saíron moi boas. Así que tocaba poñerse coas mans na masa. E máis sendo cunha receita coreana. Que se aínda non o sabiades, é […]
8 receitas de castañas
O outono dános tantos froitos que eu non paro de ter antollo de cociñar con todos eles. Ademais, son produtos tan sabedeiros e que se adaptan tan ben a calquera receita, tanto doce como salgada, que a verdade é que pasaría o día na cociña preparando pratos cos froitos do […]
Risotto de cogomelos e estrugas
O outono é a estación perfecta para cociñar. Unha chea de produtos de calidade, de proximidade e que se deixan querer en calquera receita. Tanto doces como salgadas. Neste blogue xa levamos unhas poucas. Este outono xa fixemos algunhas con cabaza, mazá e figos. Mais aínda queda moito por facer, […]