Lasaña de lagostinos
Unha receita de lasaña para aproveitar eses lagostinos que nos sobran das enchentas de Nadal! 😉 Podedes engadirlle algún que outro marisco que teñades, ou facer outra versión con carne ou con peixe. E de paso, aproveitaremos tamén eses “culíns” de cava ou de sidra! Imos aló!
Ingredientes:
– 20 lagostinos cocidos ou á prancha
– 1/2 cebola
– un chorriño de sidra ou cava
– 4 plaquiñas de pasta de lasaña
– 3 culleradas de aceite de oliva
– 2 culleradas de fariña
– 1 vaso e medio de leite
– queixo relado
Preparación paso a paso:
1. Poñemos as plaquiñas de pasta en auga quente, para que estean brandiñas.
2. Pelamos os lagostinos e cortámolos en anacos non moi pequenos.
3. Fritimos a cebola e cando xa case estea no seu punto, engadimos os lagostinos e o chorriño de sidra ou cava e deixamos que reduza. Reservamos.
4. Agora temos que ir montando a lasaña. Iremos poñendo unha capa de pasta e outra de lagostinos e cebola.
5. Faremos unha bechamel. (Explícoo rapidiño porque tedes a explicación aquí) Engadimos as tres culleradas de aceite e as dúas de fariña. Fritimos a fariña e engadimos un vaso de leite. Cando estea espeso, engadimos o outro medio vaso, mesturamos ata conseguir a textura desexada e listo! Só nos queda botalo por riba da lasaña.
6. Poñémoslle un chisco de queixo relado e ao forno! Cando comece a ferver a bechamel que queda polo fondo e o queixo se poña lixeiramente dourado, xa estará lista a nosa lasaña.
ÑAM! 😛
Se tedes algunha dúbida ou comentario, non dubidedes en comentar! Ah! E se alguén de vós a fai e lle saca unha foto, podédesma enviar a kukinhasblogue@gmail.com e colgareina no Salón da Fama!
___________________________________________________________
Prawns lasagna
A perfect recipe to use those prawns left from any Christmas supper! 😉 You can do also do it with meat, any kind of seafood or fish. And, we will also be using cider or cava/champagne. Let’s go!
Ingredients:
– 20 boiled/grilled prawns
– 1/2 onion
– some cava/champagne/cider
– 4 lasagna noodles
– 3 tablespoons olive oil
– 2 tablespoons flour
– 1 and a 1/2 cup milk
– grated cheese
Step by step preparation:
1. Put the lasagna noodles inside a bowl with hot water, for them to become softer.
2. Peel the prawns and chop them.
3. Fry the onion, and when almost ready, add the prawns and the cider/cava/champagne until the liquid goes down.
4. Now, we will “make” the lasagna. So we will be putting a lasagna noodle and then some mixture.
5. Let’s prepare the bechamel. (I’ll give a short explanation, the extended one is here) In a pan, add the 3 tablespoons of olive oil and then the flour. When thick, add 1 cup of milk, and then the rest. When with the appropriate texture, it’s ready! Pour it over the lasagna.
6. Put some grated cheese over it and to the oven! When the bechamel starts to boil and the cheese becomes golden brown, the lasagna will be ready!
YUMMY! 😛
If you have any doubt or comment, please let me know! And if you prepare any of these recipes, and you take a picture, send it to me to kukinhasblogue@gmail.com and I will pin it on the Hall of Fame!
Moi boa pinta!! Encántame a receita!!
Un saúdo.
Graciñas! 🙂 Agora animarse a facela e mandar fotiños para entrar no Salón da fama! 😉
Dios!! Que rico… eu quero eu quero! Jeje 🙂