Orellas de Entroido / Carnival sweet ears

Orellas de entroido

orellas

Ai! Bendito entroido! Esa época do ano na que comemos cocido ata fartar e aproveitamos para lambonear todo o que queremos e máis! Recoñezo que é unha das festas coas que máis gozo, as máscaras, as comparsas, o cocido… e si, para que negalo, aquí na Galiza temos unha tradición de Entroido da que podemos facer alarde. Despois das filloas, as follas de limoeiro ou a bica, xa tocaba outra das máis típicas sobremesas, as orellas. Con estes ingredientes sae unha masa duns 1200 gramos polo que sairán moitas orellas. Se non queredes facelas todas a un tempo, a masa pódese conxelar, así, sempre teremos as nosas orellas a punto.

Ingredientes:

– 700 gramos de fariña de trigo
– 200 ml de leite
– 100 ml de auga
– 15 ml de anís
– 2 ovos
– 100 gramos de manteiga
– 1 chisco de sal
– 20 gramos de azucre
– azucre en po

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes agás a fariña.

orellas

2. Engadimos a fariña pouco a pouco ata que se poida amasar ben coas mans e non se nos pegue. Facemos un boliño cunha cruz e deixamos que repouse durante uns 45 minutos.

orellas

3. A continuación, imos collendo pequenos anacos de masa e amasando ata que a masa quede ben finiña. Non esquezades botar fariña na superficie. Ao ir de anaco en anaco, a masa quedará máis fina e as orellas máis saborosas e crocantes. Imos cortando a masa para formar as orellas.

orellas

4. Nunha tixola con abundante aceite de xirasol ben quente, imos botando as orellas, deixando que queden douradas polos dous lados.

orellas

orellas

5. Ímolas poñendo sobre papel de cociña para que saia o exceso de aceite e esparexemos azucre en po. E listo!

Estas orellas quedan moi crocantes durante varios días. Se vos gusta cun toque de limón ou de laranxa, podedes engadir a súa reladura. Eu non son de engadirlle fermento, mais iso xa é cuestión de gustos, a min paréceme que así quedan máis crocantes e duran máis tempo así. A receita é moi suave, mais cun auténtito e tradicional sabor ás orellas de sempre 🙂 Animádevos, que xa comeza a cheirar a entroido! Ñaaam!

Ah! E non esquezades botarlle un ollo a tódalas receitas de Entroido do blogue.

________________________________________________________

Carnival sweet ears

orellas

Oh yes! Carnival is coming, my dears! And in Galiza, this is one of the best festive times of the year! A time in which we eat a lot, wear costumes, have fun and…did I say eat a lot? 😀 After the Galician filloas recipes, white bica from Laza or the sweet lemon tree leaves, here it comes another very very typical Carnival recipe, sweet ears. Yes, ears. They have nothing to do with any real ear, except for the shape. Hence the name 😉 This dough weighs around 1200 grams, so if you don’t want to do so many ears, you can freeze the dough and prepare some later. Let’s go!

Ingredients:

– 700 gra plain flour
– 200 ml milk
– 100 ml water
– 15 ml anise
– 2 eggs
– 100 gr butter
– 1 pinch of salt
– 20 gr sugar
– powdered sugar

Step by step preparation:

1. Mix all ingredients, except flour.

orellas

2. Add flour bit by bit until you can form a dough ball which doesn’t stick to your hands. Make a cross in the dough and allow to set for 45 minutes.

orellas

3. Then, cut little pieces of dough and roll them with a rolling pin until very thin. The thinner, the crispier 😉 Don’t forget to flour the surface! It’s better to roll little pieces of dough to get a thinner texture. Cut dough into pieces to form the ears.

orellas

4. In a frying pan, add plenty of sunflower oil (or any other vegetable oil). At a medium-high temperature, heat oil and fry ears until golden brown on both sides.

orellas

orellas

5. Place them over some kitchen paper and sprinkle powdered sugar on top until white 😉 And that’s it!

These sweet ears are very crispy and crunchy, and you can keep them like that for several days. If you like lemon or orange, you can use their zest as well. In some recipes, people use baking powder, I think they’re not so crispy if you use it, but if you like them softer, add some. Its flavour is not very strong, but it tastes like the traditional ones I’ve always eaten. Let’s celebrate carnival! Yummy!

Oh! And don’t forget to have a look at all the Carnival recipes of the blog!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.