Flores de cabaciña con bechamel de champiñóns / Zucchini flowers with mushrooms bechamel

Flores de cabaciña con bechamel de champiñóns

Se nunca volo dixen, xa tardaba, mais un dos grandes praceres da vida para min é ir á horta e observar. Si, xa sei que tamén hai que traballar, que tamén, mais gústame moito dar un paseo arredor dos produtos e pensar algunha receita que facer con eles segundo os estou vendo. Non me dá xeito collelos, traelos para a casa, e despois pensar, máis que nada porque moitas veces, acaban pola cociña sen saber moi ben que facer con eles. Gústame observalos no seu estado natural e deixarme inspirar polas súas formas e cores. E onte, estando na horta, vin o fermosas que estaban as flores das cabaciñas e tíveno claro, algo tiña que facer con elas. É moi importante que cando as collades, a cabaciña xa teña un tamaño xeitoso, e así non impediremos o seu crecemento aínda que lle roubemos a flor. Da outra vez, fíxenas con xamón e queixo, mais tiña gana de facelas con algo máis cremoso para contrastar coa textura crocante que lles queda ao fritilas. Así, as puntas quedan moi crocantes e segundo imos mordendo, vanse volvendo moi cremosas e aínda máis sabedeiras. Para min é un pracer cociñar con estes produtos, e é unha das actividades que maior satisfacción me dan. E sen máis historias, imos aló!

Ingredientes para 8 flores:

– 8 flores de cabaciña acabadas de coller
– 1/2 cebola
– 100 gramos de xamón cocido
– 200 gramos de champiñóns
– 75 gramos de queixo de Bama
– 3 culleradas de fariña
– leite
– fariña, ovo e pan relado para empanar

Preparación paso a paso:

1. Comezamos sacando os pistilos ás flores e lavándoas ben.

2. A continuación preparamos o recheo fritindo a cebola picada nunha ou dúas culleradas de manteiga.

3. Engadimos o xamón cocido tamén picado.

4. Lavamos e picamos os champiñóns e fritímolos.

5. Engadimos as 3 culleradas de fariña e fritímola durante uns minutos para que o recheo non teña sabor a fariña crúa.

6. E imos engadindo leite pouco a pouco ata que teñamos unha textura cremosa. Engadimos tamén o queixo en anacos para que se integre ben na bechamel.

7. Abrimos con moito tino as flores e imos botando 2 ou 3 culleradiñas de recheo, dependendo do xeitosas que sexan as flores.

8. Pechámolas con moito coidando e pasámolas por fariña, ovo e pan relado, procurando pechalas moi ben para que non escape o recheo ao fritilas.

9. Fritímolas en abundante aceite ben quente ata que fiquen ben crocantes e douradas. E listo!

A min encántanme as flores de cabaciña e penso que case calquera recheo lle queda ben. Este recheo é moi cremoso, o que fai que contraste moito coa parte de arriba das flores, que queda moi crocante. A min gústame moito xa o sabor das flores en si, polo que podedes probar a botarlle case calquera ingrediente que vos guste. O máis complicado é quizais conseguir as flores, mais o remedio é ben sinxelo, plantar unha ou dúas plantas de cabaciña, aínda que sexa no balcón, e xa está 😀 Que son moi agradecidas e han medrar moito e ben. Iso si, hai que regalas moito e procurando non mollar nin o talo nin as follas. Agardo que probedes e xa veredes que manxar máis sabedeiro!

_______________________________________________________________

Zucchini flowers with mushrooms bechamel

If I haven’t told you before, I must confess it is about time to do it. One of the biggest pleasures in life, at least for me, is going for a walk around the homegrown garden. I know the thing is going to work there, which I also enjoy, but I love spending some time walking around all the veggies and getting inspired by their colours, shapes and smells. And yesterday, as soon as I saw the zucchini flowers, I knew I had to do some recipe with them. It is very important to take them when the zucchini has already started growing and it has a considerable size, so we don’t stop it from growing even if we take the flower out. I have already prepared them with ham and cheese, but I felt like filling them up with something even more soft and smooth to contrasts with the crunchiness of the texture they get when you fry them. So, no more talking and let’s see how to prepare these beautiful and delicious zucchini flowers.

Ingredients for 8 flowers:

– 8 flowers recently picked
– 1/2 onion
– 100 gr boiled ham
– 200 gr mushrooms
– 75 gr Bama cheese
– 3 tbsp plain flour
– milk
– flour, egg and breadcrumbs for coating

Step by step preparation:

1. Let’s start by taking the flowers’ pistils out and washing them carefully.

2. Then, we prepare the filling by frying the chopped onion in 1 or 2 tbsp butter.

3. Add in the chopped ham.

4. Wash mushrooms and fry them as well.

5. Add 3 tbsp flour and fry for a while so the filling does not get a floury flavour.

6. And then, we add the milk so we get a creamy bechamel. When almost ready, add cheese and mix until all melted.

7. Open the flowers very carefully and fill them with 2 or 3 tbsp of filling, depending on the flowers’ size.

8. Close them and coat them in flour, egg and breadcrumbs, trying to push the hard together, so the filling does not escape when frying.

9. Fry them in plenty of olive oil until crunchy and brown. And that’s it!

I absolutely love these flowers and I’m pretty sure no matter which filling you choose, they are going to be super delicious!!! This filling is very smooth and creamy and it contrasts with the tips of the flowers, which will be very crunchy! This recipe is very simple and quick, and probably the most difficult part if getting the flowers, but if you want a simple solution, plant some zucchini, even in your garden, and you’ll get a beautiful plant with lots of zucchinis and flowers as well. Remember they need a lot of water, but not over the leaves or the trunks. I hope you try this delicious recipe, you’ll absolutely love it!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.