Champiñóns recheos / Stuffed mushrooms

Champiñóns recheos

champiñóns

Hai receitas que quedan ben, saben ben, son sinxelas, rápidas e, por se fora pouco, saudábeis. E estes champiñóns recheos son unha delas. Ademais, son o petisco perfecto para cando temos convidados, cómense dunha trabada e, ao facerse ao forno, sempre están quentiños e no seu punto. Os recheos poden variar moito, mais desta vez quixen facer unha versión con verduriñas, mozzarella relada e xamón serrano, que sempre casa moi ben cos champiñóns. O xamón serrano farémolo ao forno para que quede ben crocante e moi sabedeiro, xa veredes. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 700 gr de cogomelos
– 80 gr de cabaciña
– 80 gr de berenxena
– prebe de tomate
– mozzarella relada
– xamón serrano

Preparación paso a paso:

1. Separamos os pés dos sombreiros e reservamos os pés para o recheo e os sombreiros para rechealos 😉

champiñóns

2. Cortamos a cabaciña, a berenxena e os pés dos cogomelos en cadradiños pequenos e fritímolos cun chisco de prebe de tomate.

champiñóns

3. Envolvemos o xamón serrano en papel vexetal e poñémolo a gratinar no forno ata que estea crocante (uns 5 minutiños). Reservamos.

champiñóns

champiñóns

4. Enfornamos os sombreiros ata que estean algo douradiños, uns 10 minutos a 180ºC.

champiñóns

5. A continuación, recheamos os sombreiros coas verduriñas e botámoslle a mozzarella relada.

champiñóns

6. Enfornamos de novo ata que a mozzarella estea desfeita e douradiña. Esparexemos o xamón serrano crocante en anaquiños e listo!

Xa vedes que en só 6 doados pasos temos unha receita incriblemente riquiña e moi rica! Para facela, procurade atopar uns champiñóns que sexan máis grandiños para que sexa máis doado rechealos. E se vos gustan os cogomelos Portobello, tamén se prestan moito para o recheo, pois teñen un sombreiro ben xeitoso. Se queremos facer unha versión vexetariana ou vegana, podemos engadirlle pan relado para que queden ben crocantes no forno 🙂

____________________________________________________________

Stuffed mushrooms

champiñóns

There are recipes which look really good, and they’re tasty, quick, simple and, if this wasn’t enough, healthy. These stuffed mushrooms are one of those. Besides, they’re the perfect snack when we have guests at home; as they’re made in the oven, they will be always ready and at the right temperature. Fillings may vary according to what you most like or those products on season. This time, we decided to make use of veggies, grated mozzarella and crispy serrano ham, which always matches perfectly with mushrooms. If you haven’t tried crispy serrano ham yet, wait no more, just some minutes in the oven and you’ll taste a piece of heaven, which can be used in lots of recipes. Let’s go!

Ingredients for 2:

– 250 gr mushrooms
– 1/2 zucchini
– 1/2 eggplant
– tomato sauce
– grated mozzarella
– serrano ham

Step by step preparation:

1. Separate stems from caps and keep stems to prepare the filling.

champiñóns

2. Chop zucchini, eggplant and stems into little squares and fry them with some tomato sauce.

champiñóns

3. Wrap serrano ham with baking paper and grill it for around 5 minutes or until crispy. Keep for later.

champiñóns

champiñóns

4. Bake caps until almost done for around 10 minutes at 180ºC/365ºF.

champiñóns

5. Then, fill caps with the veggies and add the mozzarella.

champiñóns

6. Bake again until mozzarella is melted and toasted. Add chopped crispy ham and that’s it!

As you can see, in only 6 simple and quick steps, we have an incredibly good-looking and delicious recipe ready to eat! When picking the mushrooms, try to look for some bigger ones, so it’s easier to stuff them. If you like Portobello mushrooms, you can as well use them. If you are a mushrooms fan, you’re gonna love this recipe! If you want to make a vegan version, use breadcrumbs instead of cheese, or vegan cheese 😉

2 Comments

  1. O sabado teño invitados e vou facer champis recheos grazas kukinhas por esta receita saudable e sinxela un bico forte desta seguidora de Compostela .Adeus

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.