Restaurante Carlota Akaneya

Carlota Akaneya

**Imaxe extraída da páxina web do restaurante Carlota Akaneya

O restaurante Carlota Akaneya é un restaurante que se podería definir de moitas maneiras, mais esta é a que máis me gusta: o resultado de xuntar un galego, un catalán e unha xaponesa. De aí, só poden saír cousas boas. E a verdade é que non é para menos. Quen me coñeza un chisco, sabe que non son eu moi tola pola carne. Ou iso acostumaba a pensar ata que fun alí. O Carlota Akaneya é o único restaurante Sumiyaki que temos por estes lares. A idea, segundo lin, xurdiu dunha viaxe a Xapón e de querer trasladar un anaco da súa cociña menos coñecida a Barcelona. Ademais da súa excelente proposta gastronómica, que detallarei máis adiante, gustaríame destacar a amabilidade de todo o persoal que alí traballa e a paixón que teñen polo que fan, tanto dentro como fóra da cociña. Para min é sempre unha parte moi importante da propia experiencia. Como vedes, non acostumo a falar de moitos restaurantes e, se o fago, é porque a experiencia foi enriquecedora en tódolos sentidos. Imos aló!

Como xa vos dixen anteriormente, o Carlota Akaneya é un Sumiyaki, e iso que ven sendo? Pois un local onde nas mesas hai un braseiro (si, si, unhas brasas) e alí cociñas a carne ao teu gusto. Mais non calquera carne. Carne de WAGYU. Nestas brasas tamén podes cociñar outras cousiñas que despois vos contarei 😉

No Carlota Akaneya hai 3 opcións de menú.
Menú Akaneya: 39.90€ por persoa (9 pratos e 2 sobremesas)
Menú Saikõkyu: 65.90€ por persoa (10 pratos e 2 sobremesas – inclúe solombiño wagyu A5)
Menú á carta: 49.90 por persoa (4 entrantes e 4 pratos) [Non recordo moi ben o prezo ou se había sobremesa, perdoade]

Xa de postos, pedimos o Menú Saikõkuy.

Para comezar, trouxeron os entrantes.

Edamame con aceite de sésamo e sal Maldón
Gyozas de polo e verduriñas
Tonkatsu: porco rebozado
Estes 3 pratos estaban de vicio! Xa sabedes que as gyozas son a miña perdición, e estas estaban especialmente crocantes, algo que me sorprendeu e me gustou. As Edamame estaban boas, coma sempre, mais o toque das escamas de sal e o aceite de sésamo quedábanlle realmente ben. En canto ao Tonkatsu, nunca o probara antes polo que non podo comparar, mais penso que quedou o listón ben alto! 🙂

A continuación, abren a portiña circular que se ve na imaxe e colocan as brasas e a grella. E despois trouxeron unhas gambas frescas nunha pota con sal e outra pota con verduras, cogomelos e caldiño.

Explícannos os tempos dos pratos. As gambas faranse nuns 5 minutos e o caldo de verduras e cogomelos en 10 minutos.

E para non ter que agardar sen facer nada, tráennos un caldo de fideos gordos e parrulo.

O parrulo, para min, resultaba algo forte de sabor na primeira trabada, mais despois era moi suave e moi rico. Os fideos correctos, eu non son moi seareira destes fideos, a verdade. Gústanme máis os finos 🙂 E deixo o mellor para o final…o caldiño!!! Xa che traían unha culler por algo, e a verdade é que só me falou lamber o cunco. Saborosísimo!

Xa pasaran os minutos, así que a polas gambas. Estaban bos e eran de boa calidade, si, mais tamén é certo que comparando co resto dos pratos, nin fu nin fa. Podería prescindir deles perfectamente.

Chega a carne!!! (Toda tenreira xaponesa WAGYU) Si, seino, temos unha potiña de verduras e cogomelos na brasa á que xa lle metemos o dente, mais que aínda non rematamos con ela, porque ademais de gozar do sabor do prato en si (de novo, o caldo estaba de vicio!) aproveitaremos este caldo para cociñar carne. Agora volo explico!


Este prato de tenreira xaponesa fora previamente mariñado en prebe de soia e viño tinto.

Como vedes, a carne ven cortada moi finiña e perfecta para facerse nas brasiñas. En canto nos traen os pratos, explícannos de que parte da vaca veñen, as súas características e como cociñalos.

A tenreira que ven mariñada só había que poñela na brasa durante uns 2 minutos por un lado e 30 segundos/1 minuto polo outro e xa estaba lista! A carne era moi suave, case como manteiga, desfacíase na boca e tiña moi bo sabor. Ademais, o mariñado dáballe un gusto final incrible!!! Aquí xa estaba convencida de que este restaurante sería un dos meus favoritos para sempre! 🙂

A carne que se ve na imaxe aí medio escondida pola falta de luz podía tomarse de dúas maneiras. Ou ben así como viña feita nas brasas volta e volta, ou ben mariñada durante uns 10/20 segundos nun cunco de prebe de soia e mel que che traían coa carne. Esta parte da tenreira tiña un chisco máis de graxa que a outra, polo que aínda era máis suave e manteigosa. Non podería dicir de cal das dúas maneiras me gustou máis. Co prebe ou sen o prebe o sabor, a textura, os matices…era todo extraordinario!

E quédame pendente explicarvos a carne que vedes na imaxe de arriba, a que está á marxe dereita. Aínda que na foto non sae, esta carne viña cunhas escamas de sal Maldón ao seu carón. E segundo nos explicaron, cocíñase así. No centro dun anaco de tenreira, poñemos unha escama de sal, pechamos a carne e…

si, mollámola no caldo de verduras e cogomelos durante uns segundos ata que colle unha cor marrón claro. Que pracer!!! A carne era espectacular e o feito de facela nese caldo tan saboroso dáballe un toque moi orixinal e, por suposto, moi gustoso.

Dicirvos que neste punto xa pensabamos que non podía haber nada mellor. Ata que chegou a xoia da coroa: o solombo de Kagoshima grao A5. Esta é a mellor parte da tenreira WAGYU, cun grao A5 de nivel de graxa entre-vetada na carne. IMPRESIONANTE!!!

Para facela, moi sinxelo, facíase na brasa e despois, unha vez estaba feita, podiamos botarlle sal Maldón, sal con pementa ou wasabi en po. Cáeme a baba só de pensar nesta carne de novo. Nunca na miña vida probei cousa igual. Moi complicado describila con palabras, así que só vos podo animar a que a probedes 🙂

Neste punto da cea, xa estaba totalmente encantada co sitio, mais quedaba algo no que son sempre máis esixente: a sobremesa.

Cando vin o menú, fixeime na mousse de yuzu (un cítrico típico de Xapón). Non sei por que, mais souben que esta sobremesa me ía gustar. E iso que os cítricos non son algo polo que deveza. E cando chegou, xa vin que non me equivocara!

Se vos digo que sabía tan ben como bonito é, xa case volo digo todo. Un interior súper cremoso, cun sabor suave e un pequeno recheo interior cun toque máis intenso a yuzu. Un pracer, vaia.

E a seguinte sobremesa era o bosque de chocolate branco con té verde e biscoito de pistacho. Que eu devezo pola combinación té verde e chocolate branco xa é ben sabido. Esas dúas pequenas trufas verdes que se ven aos dous lados da escuma de té verde, tiñan unha capa exterior dura e un recheo de mousse de chocolate branco e matcha. En canto rematei de papar as dúas sobremesas, e despois de todo o que xa comera, pensei que non me importaría nada repetir sobremesa. Estaban de vicio!!! 😀

A partires de agora, xa sei que lle vou pedir ao Apalpador tódolos anos: poder volver ao Carlota Akaneya e seguir gozando desta incrible experiencia gastronómica de principio a fin. Como xa sabedes, non acostumo a escribir moito sobre restaurantes, mais con este non tiña dúbida ningunha, tiña que dicírvolo xa! Se ides a Barcelona, non perdades a oportunidade de ir ao Carlota Akaneya. De seguro que subscribides todas e cada unha das miñas palabras.

Prezo total para dúas persoas (con auga e un cortado): 137,60€

_________________________________________________

Carlota Akaneya

**Image taken from the restaurant webpage

Carlota Akaneya is a restaurant which can be defined in many different ways, however I have a favourite one! This restaurant is what happens when you put together a Galician, a Catalan and a Japanese and they start something together. Only good things can come from that. If you know me a little bit now, you’ll know that I’m not a big fan of meat. In fact, I love veggies and if I have to choose, I will choose fish over meat. But after my experience in this restaurant, I think I will have to make up my mind. This restaurant is the only Sumiyaki restaurant we have around here. All this started in Japan and in the idea of opening in Barcelona a type of Japanese cuisine less known in Barcelona. Apart from the most obvious reason why I love this place, the food, another thing that, for me, turns this restaurant into a whole gastronomic experience is that passion and kindness all workers there have. It takes eating out into a whole new level! I don’t usually talk about restaurants, but this deserves it without any doubt! Let’s go!

As I have previously told you, Carlota Akaneya is a Sumiyaki restaurant. And what is that? A restaurant in which you can cook the food over a grill with hot coal, as if it was a barbecue. And all that in your own table! And the best thing is that the meat you’ll be cooking is WAGYU meat! Yum!!!

You can choose among three different menu options:
Akaneya menu: 39.90€ per person (9 dishes & 2 desserts)
Saikõkyu menu: 65.90€ per person (10 dishes & 2 desserts – this includes wagyu A5 Japanese beef filet)
A la carte menu: 49.90 per person (4 starters & 4 main courses) [Don’t remember exactly the price, sorry about that]

We ordered the Saikõkuy menu.

First, the starters:

Edamame with sesame oil and Maldon salt
Chicken and veggies gyozas
Tonkatsu: coated pork filet
These three starters were absolutely delicious! You know I love gyozas and this were really crunchy, something which surprised me and I liked. Edamames were delicious, as they usually are, but the Maldon salt and the oil gave it a nice flavour! I have never tried Tonkatsu before, but I loved it!!! Juicy on the inside and crunchy on the outside.

Then, the round little ‘door’ you see on the table was opened and they put some hot coal in it with a grill rack on top. And after that, they brought a little pot with salt and prawns and another pot with veggies and mushrooms.

They tell you about cooking times. Prawns needed 5 minutes and the veggies and mushrooms hotpot 10 minutes.

And not to lose time waiting for the dish to finish, they serve you a duck broth with thick noodles.

Duck meat flavour was, at least for me, a little bit strong at first, but then it gets more delicious and smooth. Thick noodles were tasty as well, but I’m not a big fan actually. And I keep the best for last, the broth! OMG! It was so delicious!!! Don’t worry, they’ll give you a spoon to drink it all! 🙂

When we finished the broth, we started with the prawns. They were super tasty, but comparing with the rest, I could have perfectly left them out.

And it’s WAGYU time!!! Yes, I know, we have the hotpot still on the grill, but we will need it when the meat comes. If I liked the duck broth, the veggies and mushrooms one was super flavourful as well.


This wagyu dish you see in this picture has been previously marinated with soy sauce and red wine.

As you can see, meat is presented in very thin filet steaks and so perfect to prepare them in the coal. Every time they serve you a dish, they explain you how to prepare it, the times and the specific characteristics of the meat.

Marinated filet steaks were to be prepared 2 minutes on one side and 1 minute or 30 seconds on the other. Meat was reeeally soft, buttery and it melted in your mouth. Besides, the marinated left a delicious taste in your mouth. Up to this point, I knew this restaurant was going to be one of my top 5 forever!

The meat you can see half-hidden in the darkness in the picture you have above could be prepared in 2 different ways. You could just cook it as it came, or you could marinate it for 10/20 seconds in a soy and honey sauce. I would not be able to choose which one I liked most. This meat was again super buttery and the sauce to marinate was…amazing!

And the other meat dish you can see on the right bottom of the picture was to be cooked inside the hotpot broth! You took one of the thin small stakes, put some salt on it, closed it and cook it for some seconds inside the boiling broth until it got a light brown colour.

Meat flavour was spectacular and being cooked in a so delicious broth made it even better!

And there’s more!!! A5 Japanese beef filet from Kagoshima is like the highest level of intramuscular fat meat can have. Impressed, right? 🙂 If not, you should! The flavour was out of this world!

To cook it, you just had to put it over the rack and cook it on both sides until ready. Then, you could add Maldon salt, salt and pepper and powdered wasabi. I’m sure I have never tried nothing like this before! It’s difficult to describe it with words, so the only thing I can do is telling you to try it as soon as you possibly can 🙂

At this moment, I was more than pleased with this place, but I wanted to try the desserts. I’m always quite picky with them and I wanted to see if they met my expectations.

If I tell you this yuzu mousse is as tasty as it looks, I think I’m saying it all, right? Its texture was super smooth on the inside and the outside. And the flavour was intense, but nice. Even if you’re not a citrus fan, as it is my case, you’ll love it anyway.

And the next dessert was white chocolate and matcha forest with pistachio cake. The matcha and white chocolate combination is one of my favourites! Those little round truffles you see on both sides of the ‘forest’ were super delicious! They had a hard outer surface and a smooth mousse of the inside. Even after all the food I had previously eaten, I would have repeated these two desserts for sure!

From now on, I know what I will be asking Santa Claus every Christmas: coming to Carlota Akaneya every year and keep on enjoying this amazing gastronomic experience! So if you have the chance of coming to Barcelona, lose no time and book a table in this restaurant! You will never ever ever regret it!

Total price for 2 (with water and 1 coffee): 137,60€

3 Comments

  1. Ola Kukinhas!
    Qué artigo máis apetecible! Ata para min, que non me gusta case ningún tipo de carne…
    Unha preguntiña, ¿pódese pedir de carta ou soamente hai as tres opcións de menú das que falas?
    E que o meu mozo devece por ir, pero a min a carne en xeral non me gusta. Xa sei que esta debe ser moi diferente polo que dis, pero non quero arriscarme. E menos co que costa o menú!

    Graciñas e felicidades polo post! Tes que facer máis de restaurantes 🙂

    • Ola Eva! Hai a opción de carta que sería co prezo pechado, e con 4 entrantes e 4 pratos a escoller. Non preguntamos, mais tampouco en ningún momento nos dixeron que se podía pedir de carta. Penso que niso son bastante flexibles, polo que oín noutras mesas, que non sabían moi ben que pedir. Supoño que comentándoo con eles, non terás ningún problema, son moi amables e de seguro que fan algo acorde coas túas preferencias 😉 Eu tampouco son moi carnívora, e esta encantoume! Eu de ti probaría!
      Moitas grazas Eva! Recoñezo que me costa facer estes artigos, pero seguirei o consello e seguirei lendo os teus, que tanto me gustan! Apertas!

      • Xenial!! Sí, si probar probareina, pero non pediría un menú porque seguro que non me vai a gustar, e se non quedo sen comer 🙂
        Pois sí! Tes que facer mais artigos destes, e moitas grazas polo piropo, alégrome que che guste o meu blog!! Unha aperta grande!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.