Restaurante Kilo / Kilo Restaurant

Restaurante Kilo

large__8522963298

Hoxe vouvos falar do restaurante Kilo, un restaurante totalmente diferente.

Este restaurante atópase na rúa Balmes número 165, no centro de Barcelona. E así, a primeira vista, non dá ningunha pista sobre o que despois te podes atopar no interior.

large__8522966386

Ao entrar, o que seguramente vos chamará moito a atención é a súa decoración. Digamos que ten todo un toque… Wonderful. (Seguramente teredes oído falar da tenda online Mr. Wonderful, e dos seus orixinais produtos, así que xa vos imaxinades de que vos falo.)

E para exemplo, o menú.

large__8522964922

Pero imos ao importante!

Para comezar, comentarvos que os pratos son para compartir, e a súa filosofía gastronómica aposta por un “pikoteo” de pratos non moi abondosos pero de gran calidade.

Tamén se poden pedir carnes, tanto para compartir, como para comer un só.

Nós pedimos os seguintes pratos:

– Croquetas caseiras de galiña e xamón ibérico

image

As croquetas estaban verdadeiramente moi boas. O sabor non é o típico que te podes esperar atopar nunhas croquetas ‘de restaurante’, senón que teñen ese sabor das croquetiñas da casa. Recomendables 100%.

– Os nosos famosos raviolis crocantes de brie e trufa.

image (1)

Non esperedes uns raviolis dos de sempre, senón uns pequenos paquetiños de pasta filo, cun delicioso recheo para roedores amantes do queixo brie. E cun sabor a trufa que se nota.

– Salteado de verduriñas con cecina e fondue de Camembert

image (2)

Este prato ten un sabor que sorprende, xa que a mestura de ingredientes resulta nun sabor que a priori non se agarda. As verduriñas están salteadas con salsa de soia, cun toque de fondue de camembert e unha cecina tamén lixeiramente fritida.

– Arroz “socarrat” de salchichiñas e alcachofas

image (3)

Pois este foi o último prato, pero tamén o mellor. Así que se sodes amantes do arroz, e ademáis vos gusta raspar o arrociño que queda pegado na paelleira despois de facer unha boa paella, este é definitivamente o voso prato. De feito, como podedes ver na imaxe, o prato acompáñase dunha raspeta para poder raspar todo o arroz que quedou pegado. (E aínda que non vos gusten moito as alcachofas, como é o meu caso, atrevédevos igual, porque paga a pena!) É unha delicia!

E agora chega a que para min é a mellor parte. As lambonadas!!!

– A maxia do chocolate.

Desta larpeirada, non teño foto, porque hai que vela! Explícovos: traenvos unha cunca cunha bola de chocolate, e despois unha xerriña de chocolate quente que a camareira bota por riba da bola de chocolate. E que pasa? Pois maxia! A bola de chocolate desfaise deixando entrever unha mousse branca moi sabrosa. Pero isto aínda non é todo. Cando pouco a poco, vas papando toda a mousse, descobres un corazón de brownie! Definitivamente un pracer para os sentidos.

– A maceta de chocolate.

image (5)

Cando un pide unha lambonada coma esta, agarda que lle traian unha maceta feita de chocolate, ou algo polo estilo. E nada máis lonxe da realidade, o que vos traen é unha maceta de verdade! A simple vista, como se pode apreciar na fotografía, semella mesmamente unha maceta chea de terra! Pero o que resulta ser é unha mousse de chocolate cunha especie de chocolate granulado por riba, adornado cunhas framboesas, unhas patiñas de mandarina e unhas “flores” de violeta (con sabor a violeta) feitas con azucre. Ah! E unha deliciosa mousse de limón que lle daba un frescos excepcional! Rico, rico, rico!

En resumo, se algunha vez pasades por Barcelona, facede unha pausa na vosa ruta turística, para deleitar os vosos sentidos cunha visita ao restaurante Kilo. Non vos defraudará!

__________________________________________________________________________

Kilo restaurant

large__8522963298

Today I’m going to tell you about the Kilo Restaurant, a unique restaurant.

This restaurant is located in Balmes St. #165, in Barcelona’s city centre. At first sight, this restaurant does not give you any clue about what you can find on the inside.

large__8522966386

When going in, I’m sure that the decoration will surely call your attention. Let’s say it has a Wonderful touch! (If you haven’t heard about this beautiful online shop – Mr Wonderful – you should pay it a visit, it’s worth doing it!)

For example, the menu.

large__8522964922

But let’s move to the important thing!

To begin with, just tell you that the dishes are made to share, and their gastronomic philosophy is that of ‘pikoteo’, in which the dishes are not very abundant, but of a great quality.

You can also order some meat, either to share or to eat on your own.

We asked for the following dishes:

– Home-made chicken and Iberian cured ham croquettes

image

These croquettes are really tasty! The flavour is not the typical one you usually find on restaurants, it is a really home-made flavour in which you are able to guess the real ingredients. 100% advisable.

– Our famous crunchy brie and truffle raviolis.

image (1)

Don’t expect the regular raviolis, but little filo bricks with a delicious brie flavour which will delight cheese lovers.

– Sautéed vegetables with beef jerky and Camembert fondue.

image (2)

This dish has a surprising flavour, and the mixture of ingredients combine in a way that it will definitely amaze you! The vegetables are sautéed with soya sauce, with a touch of camembert fondue and a little bit fried beef jerky.

– Scorched rice with little sausages and artichokes.

image (3)

This was the last but the best dish we had! So, if you like rice, and especially the rice that you have to take out of the pan by scratching a bit with your fork, you will absolutely love this! In fact, as you can see in the picture, the dish came with a sort of scraper to take all the rice out. Delicious!

And not it’s the time of, at least for me, the best part! The desserts!!!

– Chocolate’s magic

I have no picture of this because you have to see it! But I’ll explain it to you: you’ll see the waiter coming with a cup containing a chocolate ball and a little jar full of hot chocolate. Then, she pours the hot chocolate over the ball and… what happens? Magic! The chocolate ball melts and you will see a yummy white mousse. But this is not all, while you are eating it, you’ll discover a brownie heart inside it! An absolute pleasure for your senses.

– Chocolate’s pot (plant pot)

image (5)

When you ask for a dessert like this, you’ll expect a pot made of chocolate, or something like this. But this was a real pot! If you just trust your eyes, you will think you are in front a real pot with real soil! Actually, it was a chocolate mousse, with chocolate on top, decorated with raspberries, mandarin, and sugar “flowers” of violet flavour. Oh! And a delicious lemon mousse on top which gave it a fresh touch! Really yummy!

So, if you ever happen to go to Barcelona, please don’t lose the opportunity of going to this place, because I’m sure you won’t be disappointed!

2 Comments

  1. Anthony Flags

    Sense cap mena de dubte, una bonisima elecció

    Amazing restaurant, thanks for your information.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.