Revolto de grelos / Turnip tops scrambled eggs

Revolto de grelos

Despois das enchentas de Nadal, o corpo xa pide voltar a comer coma sempre e deixarse de tanta paparota. O frío por fin chegou e apetecen pratos quentiños. Iso si, que non nos dean moito traballo, que xa pasamos tempiño abondo na cociña nas festas, e non? Este revolto de grelos é un prato deses que se fai tan rápido e sabe taaan ben que eu xa estou pensando en facelo de novo, que hai que darlle saída aos greliños da leira 😉 E, coma sempre vos digo, probade con outros ingredientes que a vós vos gusten, eu empreguei os que tiña a man e quedou ben saboroso! Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– uns cantos grelos
– 1 chourizo
– 1 bo anaco de queixo de Bama
– 5 ovos

Preparación paso a paso:

1. Lavar os grelos e cocelos durante uns 20 minutiños ou ata que estean a punto.

2. Fritimos o chourizo cortado en anaquiños pequenos cun pouco de aceite.

3. Engadimos os grelos e fritímolos para que non teñan un exceso de auga.

4. Batemos os ovos, salgamos e engadimos o queixo en anaquiños.

5. Vertemos os ovos co queixo na tixola e mesturamos todo a lume baixo para que o ovo non quede callado de todo e quede un revolto ben cremosiño. E listo!

O revolto non ten ciencia ningunha, o único que hai que facer é procurar que o ovo non calle de todo para que non quede seco. Polo demais, é un prato ben sinxelo, que campa que rabea e ademais sabe delicioso!!! Veña, bulide a preparar este prato que é puro sabor a Galiza e non vos arrepentiredes!!! 🙂

________________________________________________

Turnip tops scrambled eggs

After so many big meals after Christmas, our body needs a break and so we need to go back to our daily ‘healhy’ dishes. Cold has finally arrived and it looks like it’s here to stay, so hot recipes are more than welcome these days. This recipe is veeery quick and the result is absolutely amazing! I used homegrown turnip tops and some other ingredients I had around, but you can as well use other ingredients you like. This combination is… wow! Delicious!!! Let’s go!

Ingredients for 2:

– some turnip tops
– 1 chorizo
– some Bama cheese
– 5 eggs

Step by step preparation:

1. Wash and cook turni tops for around 20 minutes or until they’re ready.

2. Fry chopped chorizo in a dash of olive oil.

3. Add turnip tops and sautee for a while so turnip tops lose the extra water.

4. Whisk eggs and add chopped cheese.

5. Pour eggs and cheese mixture over the turnip tops and chorizo in the pan and scramble at a low-medium heat. And that’s it!

Scrambled eggs is a dish which has no difficulty at all, just be careful with the temperature of the pan, so it’s not too dry. The truth is that it’s a very quick and simple dish, and it looks so good!!! And let me tell you a secret, it tastes even better! Lose no more time and get your ingedients ready to prepare one of the most delicious scrambled eggs ever! 🙂

2 thoughts on “Revolto de grelos / Turnip tops scrambled eggs

  1. Ola kukinhas:vin a túa receita e encantoume coma sempre.
    Tes moi boas ideas e a min valenme para probalas;teño grelos na miña horta e ovos caseiros,asi que voume poñer mañán a noite a facelo.Grazas polas tuas ideas;un bico moi forte desta seguidora desde Santiago. Isabel

    1. Ola Isabel! Canto tempo sen os teus comentarios! A receita é moi sabedeira e tendo grelos da horta xa vai saber moito mellor. Alégrome de que che gusten as ideas. Agardo que tamén che gusten as que están por vir. Apertas! Kukinhas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *