Peitugas recheas / Chicken breast stuffed

Peitugas recheas

peitugas recheas

O máis complicado desta receita de peitugas recheas é abrir as peitugas, mais non vos compliquedes moito con esta parte, podedes pedilo na carnizaría ou ir pouco a pouco abríndoas co coitelo. Non importa se non quedan perfectas, as miñas tampouco quedaron e non abriron nin me fixo falta poñerlles escarvadentes nin fíos. Para facelas, pódense facer ou ben no forno ou ben fritidas na tixola. Eu fritinas e quedaron estupendas, sen aceite de máis, moi zumarentas e fixéronse moito máis rápido que no forno. Para o recheo, empregamos o máis típico, xamón e queixo, cun acompañamento de prebe de trompetas da morte. E estaba todo rico rico! Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 2 peitugas de polo
– 4 liscos de xamón cocido
– 4 liscos de xamón serrano
– queixo de Bama (ou outro queixo cremoso)
– fariña, ovo e pan relado
– prebe de trompetiñas da morte para acompañar (nata e trompetas da morte)

Preparación paso a paso:

1. Abrimos as peitugas de polo e engadimos os liscos de xamón cocido, o queixo e o xamón serrano. Salgamos por dentro e por fora.

peitugas recheas

2. Comezando por onde temos o recheo, enrolamos a peituga procurando que quede ben apretadiña. Cubrímola con prástico transparente e deixamos que repouse na neveira durante unha media hora.

peitugas recheas

peitugas recheas

3. Pasamos o roliño por fariña, ovo e pan relado.

peitugas recheas

4. E fritimos ata que estea douradiño por tódolos lados.

peitugas recheas

5. Cun coitelo fen afiado, cortamos o roliño en tiras. E listo!

peitugas recheas

Para acompañar este prato, podemos facer un prebe de trompetas da morte (ou de calquera outro cogomelo). Só temos que fritilas con moi pouquiño aceite e un allo.

peitugas recheas

Cando estean a punto, engadimos nata e deixamos que se vaia facendo o prebe a lume lento.

peitugas recheas

Engadimos queixo relado (tipo parmesano), sal, pementa e xa está! É o acompañamento perfecto para as peitugas.

O prato é deses que non leva nada de tempo facelos e que quedan moi chuliños, non si? As peitugas quedan moi zumarentas e nada secas. O queixo escapa moito cando se corta porque se derrete, mais é un pracer a suavidade que lle aporta. Para o recheo hai milleiros de opcións, espinacas, cogomelos, verduras, o que sexa quedaralle de marabilla. Bo proveito!

_____________________________________________________

Chicken breasts stuffed

peitugas recheas

The most complicated part of this recipe is “opening” the chicken breasts, but you can ask the butcher to do it for you, or keep it calm and do it slowly with a sharp knife. Don’t worry if it’s not perfect, mine weren’t, and I could stuff them without having to use a toothpick or butcher’s twine. They can be either fried or baked, I tried frying them and they’re super tasty! They weren’t oily and chicken was juicy. Besides, the frying version is quicker 😉 The filling used is one of the most typical ones, ham and cheese, and a sauce made with horn of plenty mushrooms as a side. The combination of all was delicious!!! Let’s go!

Ingredients for 2:

– 2 chicken breasts
– 4 slices boiled ham
– 4 slices serrano ham
– Bama cheese (or any other smoft cheese)
– flour, egg and breadcrumbs
– mushrooms sauce (horny of plenty mushrooms and cream)

Step by step prepararion:

1. Open chicken breasts and add boiled ham, serrano ham and cheese. Salt on both sides.

peitugas recheas

2. Starting where you have the stuffing, roll the chicken breast, trying to keep it tight. Cover them with some plastic wrap and keep them in the frigde for, at lest, half an hour.

peitugas recheas

peitugas recheas

3. Coat in flour, egg and breadcrumbs.

peitugas recheas

4. Fry until golden all around 😉

peitugas recheas

5. With a sharp knife, cut the roll in little rounds. and that’s it!

peitugas recheas

To prepare mushrooms sauce, sautée the mushrooms at a low-medium temperature with some garlic and a little bit of oil.

peitugas recheas

When done, add cream and let it cook until you get a creamy sauce.

peitugas recheas

Add grated cheese (parmesan type), salt and pepper. This is the perfect side for this dish.

These chicken breasts stuffed with ham and cheese look pretty good, don’t they? They are extra juicy, not dry at all, and melted cheese gives them an extra smooth texture everybody will love. You can try with many other fillings, depending on what you like or what you have around…spinachs, veggies, mushrooms…everything! Enjoy!!!

2 thoughts on “Peitugas recheas / Chicken breast stuffed

  1. Eu non son moito de peitugas,xa que son moi secas ,pero vou probar a facelas recheas que teñen moi boa pinta e seguro que se deixan comer ben.Xa teño o menú para mañán :DE 1º peitugas recheas e de postre chocolatiño,xa que din que é afrodisíaco e,por aquilo de que é DÏA DOS NAMORADOS…..grazas e un abrazo kukinhas.Isabel

    1. A verdade é que ao ser recheas non se fan nada secas. E o recheo pode variar segundo o que máis che guste, con verduriñas seguro que tamén queda moi saboroso. Xa me contarás! E o chocolate sempre é a mellor opción para unha sobremesa. Unha aperta enorme. Kukinhas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *