Globos de chocolate / Chocolate balloons

Globos de chocolate

chocolate balloons

Hai uns días, navegando pola rede, vin estas cuncas de chocolate que se facían mollando globos en chocolate desfeito e pensei: “este esperiemento teño que probalo si ou si!” O certo é que non é moi sinxelo, mais o resultado é moi chulo. Para engadirlle un toque persoal, decidín facelas con dous chocolates e así facer unhas cuncas cun sabor semellante ao dos ovos kinder, con chocolate branco por dentro e negro por fora. E si, parécese e están boísimas. O recheo pode variar moito, eu escollín amorodos con nata para darlle un toque vermello para o día dos namorados, mais calquera cousiña que vos guste ha quedar ben. Imos aló!

Ingredientes para 2 cuncas:

– 200 gramos chocolate branco
– 200 gramos chocolate negro
– 300 gramos de amorodos
– 250 gramos de nata para montar
– 2 culleradas de azucre
– manteiga ou aceite
– globos

Preparación paso a paso:

1. Derretemos o chocolate branco. Recordade que no microondas en función desconxelar faise nun plis.

2. Batemos a nata con dúas culleradas de azucre e mesturamos cos amorodos cortados en anacos.

chocolate balloons

3. Inflamos os globos e poñémoslles unha cordiña (xa veredes para que).

chocolate balloons

4. Untamos os globos cun chisco de manteiga ou aceite e metémolo no chocolate branco ata que se cubra en forma de cunca. Vixiade que o chocolate non estea moi moi quente. E colgamos os globos ata que arrefríen (de aí a corda) 😉

chocolate balloons

5. Cando xa estean frío, derretemos o chocolate negro e mollamos os globos rápido e con tino.

chocolate balloons

6. Nun pratiño forrado con prástico transparente, facemos unhas base de chocolate e poñemos os globos.

chocolate balloons

chocolate balloons

7. Deixamos que arrefríe e cando estea duriño o chocolate, picamos o globo e listo!

chocolate balloons

O paso a paso semella moi complicado, mais de verdade que non o é, e o resultado é tan saboroso que paga ben a pena poñerse coas mans ao chocolate e preparar estes globos chocolatados 😀 Agora só temos que rechealos cos amorodos con nata e esparexer un pouco de cacao (queda moooi ben!) e decorar cun amorodo cortado en tiriñas. Dá xenio velo, non si? Aproveitade o día dos namorados para preparar esta lambonada, seguro que os namoradxs non se resistirán a unha cunca de chocolate con nata e amorodos, va que non? Bo proveito!

_________________________________________________________

Chocolate balloons

chocolate balloons

Some days ago,surfing the net, I found these chocolate cups made with balloons and melted chocolate and I thought: “I’ve gotta try this right now!” The truth is that it’s not the easiest dessert ever, but it looks and tastes sooo good, every minute will be totally worthy. To add it a personal touch, I’ve decided to make them with two chocolates and so imitate the taste of the Kinder Surprise egg 😉 And yes, it tastes like it! So yummy!!! Filling may vary depending on what you (or your beloved) love most! I think strawberries and cream match perfectly with chocolate, but that’s up to you! Let’s go!

Ingredients for 2:

– 200 gr white chocolate
– 200 gr dark chocolate
– 300 gr strawberries
– 250 gr whipping cream
– 2 tbsp sugar
– melted butter or oil
– balloons

Step by step preparation:

1. Melt white chocolate. Remember it’s faster and easier in the microwave, defrost option.

2. Whip cream with sugar and add chopped strawberries.

chocolate balloons

3. Blow up balloons and tie a piece of string (you’ll see why now)

chocolate balloons

4. Butter the balloons with oil or butter and dip the balloon inside melted chocolate (be careful it’s not too hot). And hang them with the string.

chocolate balloons

5. When cold and hard, melt dark chocolate and repeat the process very carefully and quickly.

chocolate balloons

6. In a plate or tray, with some plastic wrap, put some chocolate as a base and put the ballons on top of it.

chocolate balloons

chocolate balloons

7. Allow to cool and when hard, pinch balloons and that’s it!

chocolate balloons

The step by step seems complicated, but it’s not so much as it looks. However, its flavour is delicious that is worth the effort, the time and the chocolate spots all over your hands 🙂 Fill them with strawberries and cream, add some cocoa powder and a big strawberry on top to decorate. Looks so incredibly good, right? If you feel like cooking this Valentine’s Day, prepare these chocolate balloons and your couple will fall for it, no one can resist chocolate, strawberries and cream! Enjoy!!!

2 Comments

  1. kukinhas como mola o postre cos globos .Encantame para facer cos nenos: Todos a inflar globos ,mollar no chocolate,que guai!!!!!Grazas de novo por discurrir tantas lambonadas ,así non hai que garde a liña. Un abrazo moi grande desta seguidora.Isabel

    • Siii! É unha sobremesa moi divertida para facer cos cativos, así poden axudar e meter as mans no chocolate, que é algo que sempre lles gusta moito 😀 Moitas grazas polos comentarios! Unha aperta. Kukinhas

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.