Recent Posts

torta de cabaza
Lambonadas

Torta de cabaza

O outono é a miña estación favorita do ano. E sei que non son a única. As súas cores, olores e sabores son moi especiais, case diría máxicas. Supoño que xa andamos algo cansas do verán e a calor. E precisamos un chisco de fresco e de aniñarnos coa manta […]

madalenas de mazá
Lambonadas

Madalenas de mazá con crumble

Isto de ter horta e árbores con froitas é un pouco perigoso. Mais que nada porque ao ver os froitas aí na árbore, non podo evitar querer facer algunha receita con elas. E tanto o limoeiro como as maceiras están ben cheíñas este ano. Polo que tocaba pensar nalgunha receita […]

torta de estrugas
Lambonadas

Torta de estrugas e mascarpone

Cando fixen a quiche de estrugas, xa me daba voltas pola cabeza a idea de facer unha torta de estrugas. Como cando as fixen, o seu sabor e a súa textura me recordou á dos espinafres, comecei a buscar algunha receita doce que levara esta verdura. E atopei un biscoito […]

scarpaccia
Cociña tradicional

Scarpaccia de cabaciña

Esta é unha desas receitas que, como dirían as Tanxugueiras, veñen para quedar. Nós xa a fixemos máis dunha vez e, de feito, unha cea sempre a apañamos con esta scarpaccia de cabaciña. Esta receita de scarpaccia vina por primeira vez no Instagram de Dr. Vegan e foi amor a […]

proia de Pontedeume
Cociña tradicional, Lambonadas

Proia de Pontedeume

Hai lambetadas que son amor a primeira vista. Teñen algo que nos entra polos ollos. E o meu coa proia de Pontedeume foi algo así. Quizais non a primeira vista, mais definitivamente a primeira trabada. E vaia sabor! E non fun a única. Todas as persoas que a probaron concordan […]

cabaciña en vinagre
Receitas quick

Cabaciñas en vinagre

Xa levamos uns cantos días de agosto e este ano aínda non fixera ningunha receita coas cabaciñas. Non podía ser! Vendo receitas, como de costume, dei con varias nas que empregaban as cabaciñas en vinagre a modo de opción vegana para os bocartes en vinagre.