Biscoito de améndoas / Almond sponge cake

Biscoito de améndoas

biscoito de améndoas

Ás veces (moitas, no meu caso) temos a boca doce e devecemos por algunha lambonada que nos saque o antollo. Para iso, aquí vos traio a receita perfecta: un biscoito de améndoas moi saudábel e perfecto para sacarnos o antollo. Só leva ovos, améndoas, mel e limón. Así, podemos gozar dunha larpeirada sen ter que facer unha torta con moito azucre ou moito chocolate. Para a próxima, probarei de facelo cun chisco de cacao, a ver como sae 😉 A textura é moi esponxosa e o sabor suave, húmido e ben doce. Non perdades esta receita de vista, pois hase convertir nunha das vosas favoritas. Imos aló!

Ingredientes:

– 4 ovos
– 150 gramos de fariña de améndoas
– 90 gramos de mel
– reladura dun limón

Preparación paso a paso:

1. Separamos as claras das xemas e batemos as claras a punto a neve.

biscoito de améndoas

2. Batemos tamén as xemas ata que collan unha cor máis clariña e unha textura máis esponxosa.

biscoito de améndoas

3. Mesturamos as xemas coa reladura e o mel.

biscoito de améndoas

4. Engadimos a fariña de améndoas.

biscoito de améndoas

5. E, por último, engadimos as claras, con moito tino para que non baixen e quede un biscoito ben esponxoso.

biscoito de améndoas

6. Enfornamos a 190ºC ata que estea douradiño por arriba e cravando un escarvadentes no centro saia limpo. E listo!

biscoito de améndoas

Este biscoito fíxeno nun molde duns 23 centímetros e queda así, delgadiño. Se queredes que quede máis gordiño, podedes, ou ben empregar un molde máis pequeno, ou ben facer o dobre de cantidade. Tede en conta que, ao non levar fermento químico, non subirá tanto, mais si quedará moi húmido e suave polas claras a punto de neve. Se vos gustan as lambonadas saudábeis, sen moitas complicacións e rápidas, este biscoito é perfecto!

__________________________________________________

Almond sponge cake

biscoito de améndoas

Sometimes (in my case, almost every day) we feel like eating something sweet. And to satisfy our sweet tooth, we don’t need to prepare and eat a thousand calories cake, we just need the right ingredients and some heatlhy honey to sweet it all! This almond sponge cake is one of the best healthy cakes I’ve ever made and tried. And it’s gluten-free as well! You just need eggs, almond, honey and lemon. As simple as that. With this 4 ingredientes you’ll have the fluffiest cake ever! Next time, I will try it with some cocoa powder 😉 Texture is fluffy, smooth and humid, and its flavour is sweet and almond-y! Let’s go!

Ingredients:

– 4 eggs
– 150 gr almond flour
– 90 gr honey
– 1 lemon zest

Step by step preparation:

1. Whip egg whites until they form stiff peaks.

biscoito de améndoas

2. Beat egg yolks until lighter and fluffier.

biscoito de améndoas

3. Mix egg yolks with lemon zest and honey.

biscoito de améndoas

4. And add almond flour.

biscoito de améndoas

5. And last, mix this mixture with the egg whites, folding it really slowlly until all integrated.

biscoito de améndoas

6. Bake at 190ºC/375ºF until golden on top and a toothpick inserted in the middles of the cake comes out clean. And that’s it!

biscoito de améndoas

To prepare this sponge cake I used a 23 cm mould, and that’s why is so thin. If you want it bigger, you can either use a smaller mould or double the quantities. Take into account that it has no baking powder or baking soda, so it won’t grow a lot in the oven. If you like healthy sweet treats, this sponge cake will be on the high top list! It’s quick, simple, healthy and super delicious, what else can we ask for? It is absolutely perfect!

One Comment

  1. MMMMmm! Estoy segura de que este biscoito está boísimo. Encántanme as améndoas, e as receitas sinxelas con pocuos e ingredientes, coma esta, son as mellores. Teño que probala!
    Por certo, se che gustan os doces con améndoas, cóntoche un segredo: hai un convento en Tui (Pontevedra) no que as monxas de clausura fan a mellor tarta de améndoa que probei na vida. Se che cadra ir, tes que encargar unha uns días antes. É sublime!
    Un saúdo!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.