Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake

Biscoito de té verde matcha

Hai que ver o que me gustan os biscoitos! Recoñezo que niso son bastante tradicional, e un anaco de biscoito para papar no almorzo é un deses grandes pequenos praceres da vida. Xa son unhas cantas as receitas de biscoitos do blogue e a verdade é que a vós tamén semella que vos gustan abondo, non si? Se xa sodes algo seareiras e seareiros das receitas deste blogue, saberedes que o té verde matcha é tamén un ingrediente moi presente, e xa tardaba facer con el un biscoito larpeiro para aledar as mañás. E se lle engadimos un toque de chocolate branco, xa todo mellora aínda máis! Imos aló!

Ingredientes para un biscoito ben xeitoso de té verde matcha**:

– 3 ovos (se son da casa, mellor)
– 1 iogur (sen azucre e natural)
– 2 vasos de iogur de azucre
– 2 vasos de iogur de fariña
– uns 75 gramos de té verde matcha
– 1 sobre de fermento químico

**Eu digo que é xeitoso, mais sabe taaan ben que o mesmo día que o fixemos pola tarde, xa quedaba só a metade. Xa con iso volo digo todo 😀

Preparación paso a paso:

1. Comezamos polo paso básico para que nos quede un biscoito ben esponxoso. Para iso, separamos as claras das xemas e batemos as claras a punto de neve. Kukiconsello: se lle botades un chisco de sal, tardan menos en subir.

2. E a continuación, iremos engadindo o resto dos ingredientes: o iogur, o azucre, a fariña, o matcha e o fermento.

3. Botamos todo no molde…

4. …e enfornamos durante uns 30-40 minutos a 180 graos. Se o voso forno ten a opción de ventilador, poñédello. Se non, ha saír igual, así que non hai problema. E listo!

Gústame moito ver a cor verde do biscoito antes de entrar no forno e como este se volve totalmente marrón cando sae. Recórdame ás cores de outono, e como vai cambiando a paisaxe de verde a marrón. Isto que vou dicir xa o dixen máis dunha vez, mais que ben saen estas receitas sen ter unhas cantidades exactas! Eu antes sempre que facía unha receita, obsesionábame con seguir o paso a paso e cada gramo ao pé da letra, agora todo o contrario! Guíome pola intuición, ou polo que me pide o corpo cando a estou a facer, e o certo é que así gózase moito máis da cociña e saen pratos moito máis persoais e ao gusto de cada un. Para rematar esta lambetada, podedes engadirlle un pouco de chocolate branco, que sempre lle queda moooi ben ao matcha. Eu, por suposto, fíxeno, así teño xuntas as miñas 3 paixóns 😉 Bo proveito!

_________________________________________________________

Matcha sponge cake

Another sponge cake recipe? Yeees!!! What an incredible pleasure to have a piece of homemade sponge cake to have in the morning, even Mondays look better 😉 And if we have cake and Matcha together, we can definitely say this is a piece of heaven! If you like sponge cakes, have a look at the other recipes we have, and I can now announce there are more yet to come! This one is super fluffy and moist, and matcha is so flavourful!!! If you want to have happier mornings, take notes and prepare this super delicious matcha sponge cake, I’m sure it’ll become one of the best recipes you’ve ever had!!! Let’s go!

Ingredients for the best matcha cake!

– 3 fresh eggs
– 1 yogurt (no sugar and no flavour)
– 2 yogurt cups of sugar
– 2 yogurt cups of flour
– around 75 grams matcha green tea
– 1 sachet of baking powder

Step by step preparation:

1. As we want to make super fluffy cake, we start by whisking egg whites until they form stiff peaks. Kukitip: if you add a pinch of salt, it’ll be quicker!

2. And then, we add the rest of the ingredients.

3. Pour everything over the baking mould.

4. And bake for around 30-40 minutes at 180ºC/350ºF. If you have the fan option in your oven, use it, and if you don’t, don’t worry, you’ll love it anyway! 😀 And that’s it!

I love the green colour before going into the oven, and the brown one when it comes out! It reminds of tree leaves when turning brown in the autumn 🙂 These traditional recipes with a twist, in which you have no exact quantities of each ingredients are always my favourite ones! We prepared this cake in the morning, and in the afternoon, only have was still alive! I used some melted white chocolate to top the cake and some extra matcha to give it a greenish colour. You can of course do the same, matcha and white chocolate are one of the tastiest combinations. Try this cake and give your mornings, afternoons or nights a green colour! Enjoy!!!

4 Comments

  1. Qué rico!! Son fan do té, pero o té verde resúltame algo forte de máis. Nembargantes, nos doces está boísimo. Xa varias veces fixen unhas madalenas de té verde e quedan exquisitas! Así que este biscoito ten que ser irresistible 🙂

    • Siii, nos doces queda moooi ben! E cun toque de chocolate branco, xa queda perfecto! 😉 Xa me contarás cando o probes 😀 Moitas grazas polo comentario!!!

  2. Ola! Teño unha dúbida, cono botas o té, en po ou picado? Infusionas ou bótalo directamente co resto de ingredientes?
    Probeino onte por vez primeira en biscoito. Encantoume. Agora quero facelo eu e a túa receita gustoume. Pero estou chea de dúbidas.

    • Ola Paula! O té matcha sempre é en po, polo que xa non se precisa ningunha preparación previa. E bótase así directamente, como botas a fariña ou o cacao. Calquera dúbida, xa me contas! E se che gusta nas lambetadas, por aquí polo blogue hai unhas poucas 🙂

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.