Torta de queixo de Nova York / New York Cheesecake

Torta de queixo de Nova York

Portada torta queixo

Esta receita de torta de queixo ao forno saqueina do libro de receitas de Hummingbird Bakery, é unha receita moi sinxela de facer, de feito, o único problema que ten é que precisamos dun chisco de tempo para preparala. Máis xa vedes que a pinta que ten é moi boa, non si? Se sodes dos que, coma min, vos gusta probar a torta de queixo nada máis sair do forno, con esta teredes que agardar ata o día seguinte, máis pagará a pena 🙂 Imos aló!

Ingredientes para a base:

– 140 gramos de fariña
– 1 culleradiña pequena de fermento químico
– 50 gramos de azucre
– 50 gramos de manteiga
– 1 xema de ovo

Ingredientes para a torta:

– 900 gramos de crema de queixo*
– 190 gramos de azucre
– 1 culleradiña de vainilla
– 4 ovos (a temperatura ambiente)

*Se empregades queixo Philadelphia, son case 4 tarrinas de tamaño familiar.

Preparación paso a paso:

1. Primeiro, prepararemos a base. Mesturamos tódolos ingredientes agás a xema de ovo. Estará listo cando teña unha textura areosa. (kukiconsello: a mellor maneira é facelo coas mans!)

Torta de queixo

2. Engadimos a xema de ovo, e mesturamos todo ben. Botámolo sobre o molde (previamente forrado con papel de aluminio e engraxado) e imos formando a base coas mans ou unha culler.

Torta de queixo

3. Enfornamos a base durante uns 30 minutos a 150º e deixamos arrefriar. Xa temos a base lista!

Torta de queixo

4. Agora preparamos a torta. Mesturamos a crema de queixo, o azucre e maila vainilla.

Torta de queixo

5. E despois iremos engadindo os ovos un a un, parando de bater en canto estean mesturados, pois é mellor non bater a masa de máis.

Torta de queixo

6. Botamos a masa sobre a base. Para enfornala e que non se rompa, é preciso que o forno estea algo húmido, polo que ou ben poñemos o molde dentro de outro con auga, ou ben poñemos un molde con auga na parte baixa do forno.

Torta de queixo

7. Enfornamos a 150º durante uns 50 ou 60 minutos, ou ata que vexades que queda douradiña por riba e o centro da torta aínda treme cando o moves.

Torta de queixo

8. Deixámola arrefriar e despois poñémola na neveira ata o día seguinte. E listo!!!

Torta de queixo

Opcionalmente, podedes engadirlle froitos vermellos, marmelada, chocolate… ou o que máis vos guste! Máis xa vos digo que sen nada está boísima!!! Bo proveito! 😉

Torta de queixo

__________________________________________________________

New York Cheesecake

Portada torta queixo

This is a cheesecake recipe from the Hummingbird Bakery book, it’s a very simple recipe, but you will need some time to prepare it. However, all the time you need to prepare it is totally worthy because it looks incredible and the flavour is even better! If you, like me, are one of those who like tasting the cheesecake as soon as it comes out of the oven, you will have to wait a little bit, as this cake needs to settle overnight. But don’t panic! You will be rewarded for sure 🙂 Let’s go!

Ingredients for the base:

– 140 gr plain flour
– 1/4 tsp baking powder
– 50 gr sugar
– 50 gr butter
– 1 egg yolk

Ingredients for the cake:

– 900 g cheese cream*
– 190 gr sugar
– 1 tsp vanilla extract
– 4 eggs (room temperature)

Step by step preparation:

1. First, let’s make the base. Mix all ingredients except the egg yolk. It will be ready when you get a sandy consistency. (kukitip: the best way is doing it by hand!)

Torta de queixo

2. Add the egg yolk and mix all again. Pour it over the mould and press it against the mould base of the prepared cake tin using your hand or a spoon to flatten and compress it.

Torta de queixo

3. Bake the base for around 30 minutes at 150ºC/300ºF and allow to cool. Here we have our base ready!

Torta de queixo

4. Now it’s time to make the cake! Mix the cheese cream, the sugar and the vanilla extract.

Torta de queixo

5. Add one egg at a time, while still mixing. Stop beating as soon as the egg is integrated, because if you over-beat it, the cheese will split.

Torta de queixo

6. Pour the cheese batter over the base. For the cake not to crack in the oven, we need to have it a little bit humid, so we can either put the cake mould over another mould filled with water, or just put a mould with water at the bottom of the oven.

Torta de queixo

7. Bake at 150ºC/300ºF for 50 or 60 minutes or until the cake is golden brown but still wobbly in the centre.

Torta de queixo

8. Set to cool and then, put the cake inside the fridge and refrigerate overnight. And that’s it!!!

Torta de queixo

If you like it, you can add some berries, jam, chocolate…or whatever topping you like best! But if you are a cheesecake lover, you won’t need anything else because it is incredibly delicious!!! Enjoy it! 😉

Torta de queixo

2 Comments

  1. Así… gordiña… coma a min me gusta… :)_

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.