Torta de cereixas
Que vicio son as cereixas! Frescas, doces e case adictivas…ponse un a comer nelas e non dá parado. Esta torta é moi sinxela, o máis complicado é ter que sacarlle o óso ás cereixas, pero paga ben a pena por meterlle o dente a esta torta tan boa! Como o molde que usei era bastante grande, quedoume unha torta estreita, pero se tendes un máis pequeno, quedaravos máis altiña. Imos aló!
Ingredientes:
– 250 gramos de cereixas
– 100 gramos de manteiga
– 100 gramos de azucre
– 70 gramos de amendoa moída
– reladura dunha laranxa
– 100 gramos de fariña
– 1 sobre (16 gramos) de fermento
– un chisco de sal
– 2 ovos
Preparación paso a paso:
1. Sacámoslle o óso ás cereixas. Podédelo facer de dúas maneiras, ou ben cortando a cereixa ó medio e xirando as 2 metades para que vos quede o óso nunha delas, e despois sacarllo, ou ben pelándoas cun coitelo como facemos con outras froitas.
2. Mesturamos a manteiga desfeita, xunto co azucre, a améndoa e a reladura da laranxa. E batemos ata que estea todo ben integrado.
3. Engadimos a fariña, o fermento, o sal e os ovos batidos e batemos de novo.
4. Nun molde untado con manteiga, vertemos a metade da masa, máis ou menos. A masa é bastante espesa, polo que teremos que esparcila polo molde cunha culler. E engadimos a metade das cereixas.
5. Botamos o resto da masa, estendéndoa coa culler, e o resto das cereixas.
6. Co forno quente a 200°C, baixámolo a 180°C e deixámola uns 20 minutos, ou ata que estea douradiña por riba e un escarvadentes cravado no centro da torta saia seco. E listo!
A textura da torta recórdame un chisco á da torta de Santiago, pola améndoa. Podedes botarlle máis cereixas, reladura de limón ou outra froita que sexa máis do voso agrado. Agardo que a probedes e me contedes que vos parece. E xa sabedes que podedes enviar unha fotografía da vosa torta de cereixas por twitter, facebook ou a kukinhas@kukinhas.com
Bo proveito!
____________________________________________________
Cherry cake
How delicious cherries are, aren’t they? Their fresh, sweet, and almost addictive! This cake and easy and tasty, the hardest part is taking the stones out of the cherries, but it will be worthy. I did the cake in a quite big mould, so I got a flat cake, if you have one smaller, you’ll get a higher cake. Let’s go!
Ingredients:
– 250 gr cherries
– 100 gr butter
– 100 gr sugar
– 70 gr ground almond
– 1 orange zest
– 100 gr flour
– 16 gr baking powder
– a pinch of salt
– 2 eggs
Step by step preparation:
1. Take the stones out. We can do it either cutting them in half, turning both sides and removing the stone from one of the halves or by peeling the cherry as you would do with any other fruit.
2. Beat the melted butter together with the sugar, the almond and the orange zest until fully integrated.
3. Add the flour, the baking powder, the salt and the eggs and beat again.
4. In a mould with butter, pour half the batter. The batter is really thick, so you will have to spread it with a spoon. And add half the cherries.
5. Pour the rest of the batter, spreading it with a spoon, and add the rest of the cherries.
6. With the oven pre-heated at 200°C/375°F, set it 180°C/375°F and bake until golden brown on top and when a toothpick inserted in the middle of the cake, comes out clean. And that’s it!
The texture reminds me of the almond flavour the Santiago’s cake has. You can add more cherries, any other fruit, or lemon zest. I hope you liked it! You can prepare it and send me a picture on facebook, twitter or to kukinhas@kukinhas.com
Enjoy it!
Que boa pinta! O dos ósos das cereixas é unha leria, eu fágoo con este método, saeme un chisco máis rápido: http://www.youtube.com/watch?v=yYjZIKpi_lA, aínda que o da botella aínda non o probei, eu agarróas cas mans 🙂
Pois déchesme unha boa idea! Para a próxima, xa o fago así, porque senón tárdase unha eternidade! Grazas 😉
*agárroas