Etiqueta: améndoa

Carquinyolis

Carquinyolis

Por petición popular, é dicir, porque mo dixo a miña familia, aquí vai a receita dos Carquinyolis. Tivestes a sorte de probalos algunha vez? Son unha lambetada da que gostan ata aquelas persoas que non son moi de larpeiradas. Son unhas bolachiñas moi crocantes e con froitos secos típicas de […]

panellets de ourizo cacho

Panellets de ourizo cacho

Hai xa un tempo que escribín neste blogue a receita dos panellets por primeira vez. Os panellets, para quen non o saiba, son uns doces de améndoa que se poden ver en moitas docerías de Cataluña cando se achega o Día de Todos os Santos. Son moi sinxelos de facer […]

friands

Friands

Houbo unha época, alá polo 2020 cando saquei o primeiro libro, na que a todo o mundo me preguntaba cal era a miña receita favorita do libro. Eu, que quen me coñece sabe que teño moi mala cabeza, sempre dicía o mesmo: os friands. E non é que fose a […]

bolachas Linzer

Bolachas Linzer

Non vos imaxinades que arrecendo máis marabilloso deixan estas bolachas por toda a casa. De seguro que cando as fagades, calquera que ande por alí, irá para a cociña a toda velocidade a ver que andades a facer. E todo isto porque as bolachas Linzer deixan un aroma especial a […]

torta de santiago

Torta de Santiago na cuncha

Vou comezar dicindo que eu non son moi de améndoa nas sobremesas, de feito, ata podería confesar que a Torta de Santiago non está entre as miñas preferidas, mais recoñezo que un bo toque de augardente quédalle de vicio, e fai que o sabor amargo da améndoa quede algo agochado, […]

semlor

Semlor – Boliños de cardamomo recheos

Case vos diría que é imposíbel ver un semla (semlor en plural) e non meterlle unha boa trabada. A pinta é espectacular, uns boliños de cardamomo, recheos de crema de améndoas e unha chea de nata montada, cun toque de azucre en po, por se todo o demais fora pouco. […]