Lagostinos crocantes / Crispy prawns

Lagostinos crocantes

Lagostinos crocantes

Os lagostinos son ben sabedeiros de calquera maneira, cocidos, á grella, crús, mariñados…en fin, que todo lles queda ben! E se vos gusta de calquera destas maneiras, con este empanado tamén vos gustará moito. Para iso, empregaremos un pan relado xaponés – o panko- que podemos facer na casa. Imos aló!

Ingredientes:

– uns 12 lagostinos
– pan relado xaponés (panko)
– 1 ovo, auga e sal
– fariña
– salsa de soia (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Sacámoslle ás cabezas aos lagostinos e pelámolos, deixando a cola e a parte que engancha na cola.

crispy prawns

2. Pasámolos por fariña.

crispy prawns

3. Facemos unha mestura co ovo, dúas culleradas de auga e sal, e mollamos ben os lagostinos.

crispy prawns

4. Poñémolos sobre o pan relado xaponés (ou pan relado máis groso que o de sempre) e empanámolo ben. Deixamos que repousen e repetimos a operación de ovo e pan relado. Con este dobre empanado quedará moito máis crocante e saboroso.

crispy prawns

crispy prawns

crispy prawns

5. Fritimos en abundante aceite de oliva e listo!

crispy prawns

Podemos servir cun chisco de salsa de soia 🙂

O bo que ten este empanado é que este tipo de pan relado apenas colle aceite. Queda crocante e cunha cor dourada moi apetecible, máis nada aceitoso. Se non o atopades, sempre se pode facer caseiro. Eu aínda non probei, máis é ben sinxelo. Só temos que esmigallar a parte branca do pan de molde e torrala un chisco no forno, sen que chegue a poñerse escura, só ata que quede crocante. En canto probe, xa vos poñerei a receita. Bo proveito!

___________________________________________

Crispy prawns

Lagostinos crocantes

Prawns are really tasty no matter the way you cook them, boiled, raw, marinated, fried, with pasta, rice…anyway, they are delicious! If you like them, you’re gonna love this recipe in which we will coat them in panko, Japanese breadcrumbs. And if you have no chance of finding panko around, you can always prepare them at home. Let’s go!

Ingredients:

– c. 12 prawns
– panko (Japanese breadcrumbs)
– 1 egg, some water and salt
– flour
– soy sauce (optional)

Step by step preparation:

1. Take out the prawns’ heads and peel them, leaving only the tail and the hard part closest to the tale.

crispy prawns

2. Coat them in flour.

crispy prawns

3. Mix the egg, 2 tablespoons of water and some salt to taste. And dip the prawns into the mixture.

crispy prawns

4. Roll generously in panko (Japanese breadcrumbs, or use thicker ones). Let them set for a while and then, dip them again into the egg mixture and roll in panko. With this double coating, we will get crispier and more delicious fried prawns.

crispy prawns

crispy prawns

crispy prawns

5. Fry the prawns in a good amount of hot olive oil. And that’s it!

crispy prawns

We can serve them with some soy sauce 🙂

The best thing about panko is that coating won’t be any oily. The colour is brilliant and it’s crispier than when using regular breadcrumbs. If you cannot find panko in any supermarket or oriental market, you can always prepare it at home. I’ve never tried it, but I definitely will because it’s really easy. We just have to process white bread until coarse crumbs and then bake them until they’re dry and crunchy, but not toasted. Allow to cool and it will be ready. If I ever try to do panko at home, I will write the recipe here. Hope you like the recipe, it’s really yummy!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.