Red Velvet Cupcakes

Red Velvet Cupcakes

image

O prometido é débeda, así que xa están aquí, por demanda popular, os Red Velvet Cupcakes! Unha receita que se volveu moi popular neste último ano, e con razón, porque están moi bos!

Para facer esta receita, aproveitarei para explicarvos unha cousiña, e todo polo antoxo que me deu ultimamente de querer probar a facer o azucre invertido. O que? Diredes vos. Pois eu explícovos. Empregando bicarbonato sódico e ácido tártaro, conseguiremos separar a fructosa e maila glucosa. O azucre e, polo tanto, a sacarosa, está formado por estes dous elementos: a fructosa e a glucosa, coa axuda do ácido tártaro e o bicarbonato, conseguiremos separalos. Desta maneira, o fermento aumenta o tamaño da masa porque é quen de dixerilos mellor por separado. Tamén se utiliza para que os boliños e pasteis queden esponxosos durante máis tempo. E se queredes usalo para facer xeados, adiante! Quedarán máis cremosos e con menos xeo.

Así que, dobre risco! A receita dos cupcakes, que é a primeira vez que os fago, e o azucre invertido, que ademáis de ser a primeira vez que experimento con estas cuestións químicas, non sei como funcionará cos cupcakes! Imos aló!

Que precisamos?

image

Para a masa dos cupcakes:

– 60 gramos de manteiga
– 125 gramos de azucre (+25 de azucre invertido)*
– 1 ovo
– unhas pinguiñas de esencia de vainilla (ao gusto)

– 125 gramos de fariña
– un chisquiño de fermento (aprox. un cuarto de culleriña)
– un chisquiño de sal
– 10 gramos de cacao

– 120 ml de leite amargo (120 ml de leite cunha cullerada de limón)
– 1 cullerada de colorante alimentario vermello

* Explicación de como facer o azucre invertido, na seguinte entrada.

Utensilios: batedora manual ou eléctrica, varios bols, unha culler e moldes de cupcakes/magdalenas.
Tempo de preparación: 20 minutos
Tempo de forno: arredor de 20 minutos
Dificultade: sinxelo
Cantidade de cupcakes sobre 10

Preparación da masa paso a paso:

1. Primeiro comezaremos mesturando os ingredientes húmidos da receita e o azucre: a manteiga, o ovo, o azucre (sen o invertido) e a vainilla.

image

image

image

2. Por outra banda, mesturamos os ingredientes secos: a fariña, o cacao, o fermento e o sal.

image

3. No bol onde tiñamos o leite amargo, engadímoslle a cullerada (ou o botiño) de colorante vermello. Atención aqui: pode ser que vos pase que no canto de quedarvos de cor vermella, vos quede rosa, non pasa nada, pode ser simplemente porque o colorante é menos intenso. Os Pink velvet cupcakes tamém están deliciosos, e dou fe, porque a min pasoume exactamente iso. 😛

image

4. Agora xa temos tres partes dos nosos cupcakes por separado, así que toca xuntalas! Engade agora tamén os 25 gramos de azucre invertido. Neste intre é cando podes poñer o forno para telo preparado a 180 graos.

image

5. Cando teñamos a masa preparada, enchemos os moldes e listo! Os moldes poden ser como queirades, de papel, de silicona ou moldes específicos para cupcakes cos buratiños. Kukiconsello: Se usades só moldes de papel, poñede dous de cada vez, evitando así que se estiren de máis. Ou senón metede os papeliños dentro de outros moldes (como se ve na fotografía).

image

6. Cando vexades que o cupcake leveda un pouco, e a parte de arriba colle un aspecto mate, podedes abrir o forno e picalos cun escarvadentes. Se sae limpo, é que está listo. Sacámolo do forno e deixámolos arrefriar. Mentres, imos preparando a crema de queixo para decoralo. Se non vos apetece preparala crema de queixo, dicirvos que están deliciosos tal como saen do forno! Por min non precisaban de nada máis!

image

Para decorar o noso cupcake:

– 115 gramos de crema de queixo
– 80 gramos de tona
– 30 gramos de azucre en po*
– esencia de vainilla, améndoa, limón…

* O azucre en po ha de ser confeccionado, neste caso non podemos moer o azúcar. Eu merqueino en Mercadona, un bote de 300 gramos por 1,49€.

Preparación da crema paso a paso:

1. Mesturamos o queixo coa vainilla e o azucre en po.

image

2. Batemos a tona ata que quede consistente e engadímola ó queixo.

image

3. Mesturamos todo ata que vexades que ten unha textura cremosa. Kukiconsello: Se fai calor, recoméndovos gardar a crema na neveira, porque perde consistencia.

image

4. Agora só queda decorar os cupcakes ao voso gusto! Podedes usar unha manga pasteleira, unha bolsiña cun burato ou unha culleriña. Se queres que a crema quede de cores, utiliza colorantes alimentarios. E listo! Decorar e comer!!!

image

Como vedes, valeu a pena correr os riscos! 😉 Probade e contádeme!!!

__________________________________________________

Red Velvet Cupcakes

image

A promise is a promise! And here they are, the winners of the poll: Red Velvet Cupcakes! This recipe has become a must over the last year, and that’s because they’re delicious!

This recipe has been a sort of a challenge for me, and not only because it was my first time with them, but also because I was looking for an excuse to experiment with the now famous inverted sugar syrup. Do you know what it is? Well, it is a process through which we are able to separate the fructose from the glucose. Thus, the cakes will have a smoother texture during more time. It’s also used with ice-creams because it reduces the ice on them.

So, as you can see, double risk this time! The cupcakes, the inverted sugar and how they will work together! Let’s do them!

Ingredients for the batter:

image

– 60 gr butter
– 125 gr sugar (+25 gr inverted sugar)*
– 1 egg
– a little bit of vanilla essence (at your choice)
– 125 gr flour
– around 5 gr baking powder
– around 5 gr salt
– 10 gr cocoa
– 120 ml buttermilk (120 ml milk + 1 tablespoon of lemon juice)
– 1 tablespoon of red food colouring
* Explanation on how to make in erted sugar in the next post.
Utensils: manual or electric whisk, several bowls, a spoon and cupcakes moulds.
Preparation time: c. 20 minutes
Baking time: c. 20 minutes
Difficulty: easy
Number of cupcakes: around 10

Step by step batter preparation:

1. Mix the wet ingredients and the sugar: the butter, the egg, the sugar (only the caster sugar) and the vanilla.

image

image

image

2. In another bowl, mix the dry ingredients: the flour, the cocoa, salt and baking powder.

image

3. In the cup/glass of buttermilk, we add red the food colouring. Attention: maybe your food colouring is not as intense as you expected it to be, but don’t panic! Pink Velvet Cupcakes are as good as the red ones! (And I know what I’m talking about, because it is what has happened to me 😛 )

image

4. Now that we have three parts, let’s mix all! Add the inverted sugar as well. You can now pre-heat the oven to 180ºC. (375º F)

image

5. Being the batter ready, it’s time to pour it into the moulds! Kukitip: If you’re using paper moulds, put two together instead of just one, thus, the mould will keep the form all the time. Or you can put them inside other moulds. And time to go to the oven!

image

6. The cupcakes will be ready when a toothpick inserted in the centre comes out clean. When they’re ready, let them cool. While we wait, we can do the cheese buttercream. If you don’t want to do the frosting,you can just eat them like that, they are really tasty!

image

Cream cheese frosting

Ingredients:

– 115 gr cream cheese
– 80 gr whipping cream
– 30 gr icing or powdered sugar
– 1 teaspoon vanilla, almond, or lemon essence

Step by step preparation:

1. Mix the cheese, the vanilla and the sugar until well combined.

image

2. Whip the cream and add it to the cheese mixture.

image

3. Mix the cream and the cheese mixture until smooth. Kukitip: put it in the fridge for a thicker cream, it will be easier to use.

image

4. Time to decorate! You can use food colouring, sprinkles, chocolate, or whatever you feel to! Let’s decorate and enjoy these delicious cupcakes!Try it and tell me about it!

image

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *