Pan de pita con ensalada e polo / Chicken salad Pita

Pan de pita con ensalada e polo

image

Aquí estou de novo cunha receita rápida, lixeira e que dá moi bo resultado! En principio, tiña pensado facela con ‘tortillas’ de millo ou trigo, pero como non as había na tenda, merquei pan de Pita. E a verdade é que foi un acerto! Imos ver que nos fai falla.

Pan de Pita con ensalada e polo

Ingredientes para catro persoas:

– 4 pans de Pita
– unha leituga pequena
– un tomate
– unha peituga de polo (sobre 200 gramos)
– queixo relado ou queixo crema
– media cebola

Preparación paso a paso:

1. Fritimos a peituga de polo ata que colla unha cor dourada e cortámola en tiras. (Se preferides, podedes facelo ao revés, cortala e fritila)

2. Lavamos a leituga e o tomate. A leituga cortámola en anacos un pouco grandiños, que non nos queden moi finos, e o tomate en cadradiños.

3. Cortamos a cebola en tiras e condimentamola con sal, aceite de oliva e vinagre, xunto coa leituga e o tomate. (Kukiconsello: para que o pan de pita non se vos molle de máis, podedes escorrer un pouquiño o tomate para que non solte tanta auga.)

4. Engadímoslle o polo e relamos un pouquiño de queixo por riba. Se o preferides, podedes botarlle unha cullerada de queixo crema, iso si, desta maneira non teredes que condimentar tanto a ensalada.

5. Usando unha torradora, torramos o pan de pita durante aproximadamente un minuto ou dous. (O tempo depende de como vos guste de torrado o pan, ou da torradora que usedes).

6. Abrimos o pan, metemos dentro tódolos ingredientes, e a papar!!!

Anímovos moito a que fagades esta receita e me contedes como vos saiu!!!

____________________________________________

Chicken salad pita

image

This recipe is easy, light and the taste is really good! My first thought was doing it with tortilla wraps,but as there wasn’t any at the shop, I bought some Pita bread, and the result is amazing!

Ingredients for four:

– 4 Pita breads
– 1 small lettuce
– 1 tomato
– 1 chicken breast (around 200 grams)
– grated or cream cheese
– half onion

Step by step preparation:

1. Fry the chicken until outside is golden brown and then cut into strips. (If you prefer, you can do it the other way around)

2. Wash the lettuce and the tomato. Cut the lettuce into big strips and chop the tomato.

3. Cut the onion into strips and dress it with vinegar, salt and olive oil, together with the lettuce and the tomato.

4. Add the chicken, and grate a little bit of cheese over it. Or the cream cheese, if that’s your choice.

5. Using a toaster, toast the pita bread during approximately 1 or 2 minutes. (This depends on how toasted you wanted it, and on the toaster you use)

6. Open the pita bread, put all the ingredients inside it and that’s it!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.