Cupcakes de limón / Lemon cupcakes

Cupcakes de limón

image

Dende que me agasallaron co libro de postres da pastelaría Hummingbird Bakery, pasaba as páxinas día si día tamén para ver por cal ía comezar. A decisión xa vos digo que non era nada sinxela, porque me gustan todas, peeero…quen dixo que había que escoller unha soa? Así que nada, facemos unha e despois xa iremos facendo o resto, non si? 🙂

Estes cupcakes de limón están de medo!!! O que máis me gusta deste libro é que para facer a maioría de receitas, empréganse ingredientes que podemos atopar en calquera tenda, así que non tedes excusa!

Ingredientes para a base:

image

– 120 gramos de fariña
– 150 gramos de azucre
– 8 gramos de fermento en po
– 2 culleradas de reladura de limón
– 40 gramos de manteiga, case derretida
– 120 ml de leite enteiro
– 1 ovo

Preparación paso a paso:

1. Batemos a fariña, o azucre, o fermento, a reladura de limón e a manteiga ata que estea todo ben mesturado. Non vos preocupedes se saen bolos, despois, ao engadir o resto dos ingredientes irán desaparecendo. Ou senón, desfaranse no forno.

image

image

Xa vedes que a min tamén me quedaron gromos.

2. Despois, iremos engadindo o leite pouco a pouco mentres batemos, ata que xa teña unha textura cremosa.

image

3. Engadimos o ovo e batemos de novo.

image

4. Repartimos a masa cubrindo só 2/3 dos moldes e metémolos no forno durante 20-25 minutos, ou ata que un escarvadentes cravado no centro saia limpo.

image

5. E xa temos a base dos cupcakes preparada. Agora só queda agardar a que arrefríe.

image

Ingredientes para o glaseado:

image

– 250 gramos de azucre en po
– 80 gramos de manteiga, case derretida
– 2 culleradas de reladura de limón (deixaremos un chisco para decorar)
– 2 pingas de colorante amarelo (opcional)
– 25 ml de leite enteiro

Preparación paso a paso:

1. Desfacemos ben a manteiga e mesturámola co azucre, a reladura e o colorante ata que estea todo ben mesturado.

image

2. Engadimos o leite e batemos ata que vexamos que a mestura está quedando esponxosa. Canto máis se bata, máis lixeira e cremosiña quedará. Así que con moita paciencia e algunha axuda, iremos batendo ata que estea no punto! (Como mínimo, haberá que bater uns 5 minutos coa batedora e un chisco máis se o facedes á man).

image

Coa emoción de poñerme a decorar, esquecín sacarlle unha foto a como queda o glaseado! Para a seguinte, non me esquezo! 😉

3. O dito, a decorar!!! Podedes decorar como máis vos guste…cunha manga pasteleira, cunha bolsiña, cun coitelo repartindo o glaseado…a gustos! Decoraremos coa reladura de limón e listo!

image

Aproveitando que tiña fondant amarelo, fixen uns mini limóns.

Xa vedes que son moooi sinxelos, así que xa vos quero ver coas mans na masa e a cámara na man para enviar unha foto a kukinhasblogue@gmail.com

______________________________________________

Lemon cupcakes

image

Since I got the Hummingbird Bakery book this Christmas, I’ve been thinking about which recipe I will prepare! The decision is really hard ‘cause I love them all, but…why choosing one if we can make all of them? So let’s start with this one!

These Lemon cupcakes are absolutely yummy, and the ingredients are so easy to find that you’ve got no excuses! Let’s go!

Base ingredients:

image

– 120 gr plain flour
– 150 gr sugar
– 8 gr baking powder
– 2 tablespoons grated lemon zest
– 40 gr butter, room temperature
– 120 ml milk
– 1 egg

Step by step preparation:

1. Beat the flour, sugar, baking powder, lemon zest and butter until well integrated. Don’t panic if you see some lumps, they’ll disappear afterwards.

image

image

2. Pour in the milk gradually and beat until creamy.

image

3. Add the egg and beat again.

image

4. Pour the batter into the paper cases until 2/3 full. Bake for 20-25 minutes or until a toothpick inserted in the middle comes out clean.

image

5. Base ready! Let it cool completely.

image

Lemon frosting ingredients:

image

– 250 gr powdered sugar
– 80 gr butter, room temperature
– 2 tablespoons grated lemon zest (some tomdecorate)
– 2 drops yellow food colouring (optional)
– 25 ml milk

Step by step preparation:

1. Beat the butter, sugar, lemon zest and food colouring.

image

2. Add the milk gradually and beat until fully incorporated. Then, beat for a while until light and fluffy. The more you beat, the better. (Beat it for at least 5 minutes with an electric mixer, or more if you do it with a whisk).

image

As I was so excited to start decorating, I forgot to take a picture of the final result! Next time, I won’t forget, promise! 😉

3. Time to decorate! Frost the cupcakes and decorate with the lemon zest. That’s it!

image

As I had some yellow fondant, I did this mini lemons.

As you can see, it’s reeeally easy, so I hope you get ready to prepare them with your camera around to send a picture to kukinhasblogue@gmail.com

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.