Manteiga caseira / Homemade butter

Manteiga caseira

Pensaba eu que ao andar tanta xente a facer pan xa podiamos poñernos a facer algo con que acompañalo. E xa que o pan require tanto esforzo, o acompañamento tería que ser máis sinxelo. E non hai nada máis sinxelo que facer manteiga caseira. Sobre todo, se tedes a sorte de ter unha máquina para que vos axude a bater, ou unha batedora. Se tedes que facelo a man, repartide o traballo porque require músculo e paciencia. Mais xa vos digo eu que paga moito a pena. A manteiga caseira ten un sabor espectacular e unha textura suave e cremosa que fará que non poidamos parar de papala. Botarédeslla a todo, xa veredes! Imos aló!

Ingredientes

  • 350 gramos de nata para montar
  • 1 chisco de sal (opcional – só se queredes facer manteiga salgada)
  • muselina ou gasa para escorrer a manteiga

Preparación

  1. Poñemos a nata ben fría da neveira nun bol.
  2. E batemos a velocidade alta. Veremos que ao principio teremos nata montada. E despois irán aparecendo uns pequenos flocos de manteiga e un líquido, o soro.
  3. Agora deixamos de bater e colocamos a nosa manteiga sobre a gasa para escorrer a auga. Se queredes facela salgada, como fixen eu, é momento de botarlle o sal.
  4. Pechamos a gasa e prememos para que saia todo o soro.

E xa teriamos a nosa manteiga caseira lista! A min así salgada gústame moito simplemente sobre un anaco de pan torrado. Agora ben, se a queredes sen sal, con non botarllo, xa está. É unha manteiga taaan suave e saborosa que de seguro vos preguntaredes que demo é iso que levades tomando ata o de agora. Ademais, se queredes aproveitar para facer manteiga con ourego, alfábega ou outras herbas ou especias, é tan sinxelo como engadirllas antes de apretar a manteiga na gasa. E se queredes recordar vellos tempos, untade unha pouca entre dúas galletas… Puro vicio!!! E se queredes completar esta manteiga cunha marmelada caseira, esta de amorodos e kiwi, ou esta de figos vanlle de medo!

_____________________

Homemade butter

These days I’ve been thinking about all of you that have been preparing bread at home for the first time and I decided to provide you with a recipe to have all that super delicious bread. As bread-making is kind of a hard process, I thought about the easiest recipe we could do, and that’s definitely homemade butter. And I can tell the flavour does make a difference. And the best part is that you only need a good mixer and some minutes. Let’s go!

Ingredients

  • 350 gr whipping cream
  • salt to taste (optional – only if you want it salty)
  • cheese cloth

Directions

  1. Pour cold cream over a bowl.
  2. Start whipping at a high speed. You’ll see some whipped cream at first, but after 7/8 minutes you’ll begin to see some butter curds and some liquid, the whey.
  3. Then, place all that over a cheese cloth. Salt.
  4. Close the cloth and press it so all the whey comes off

And that’s it! Homemade butter on the way. You can either add in salt, herbs or spices and prepare your own favourite butter version. I just love it with some salt and over some toasted bread. And if you want to try a very sweet version, just add some between 2 biscuits, like a sandwich, and enjoy every bite.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.